FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 7 DE MAIO  ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular,  en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que  constituímos  a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde. Información das actuacións en relación cos controis fronteirizos en Ceuta e Melilla e sobre a situación nos CIES.
 
3.-Información da Xuntanza do 26 de Abril  do Foro Galego: Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!Preparación do Encontro Final/Asemblea do Foro Galego (Sábado 7 de Xuño en Santiago de Compostela)  Este será o tema central da Xuntanza. Importante participar.
 
4.- Novas propostas de traballo..
 
5.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

 

Anuncios

MEDICOS DO MUNDO- INFORMACION DAS ACTIVIDADES

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES DO 22 DE ABRIL AO ABEIRO DO ANIVERSARIO DO 2º ANO DO REAL DECRETO 16/2012 
 
O 22 de abril cúmprensedous anos da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súasprestacións, que entre outras medidas deixou fóra do sistema sanitario áspersoas inmigrantes en situación irregular, o que supuxounha ruptura co modelo de sanidade universal. Por este motivo en Médicos do Mundo Galicia queremos facerchegar a nosa denuncia ás rúas, e para isoimos realizar dúas actividades:
 
– XOGO DE ROL: NaPraza do Toural de 12:00-15:00 h
– CONGA DA SAÚDE: Sairemos da Praza do Toural ás 17:00h, acompañadas polo grupo musical Trópico de Grelos, coseguinte percorrido :Praza do Toural- Rúa Vilar- Praterías- Rúa Franco- Praza do Toural.
Esperamos a participación de todas as persoas socias e voluntarias e a máxima difusión entre as nosascoñecidas.A nosa idea é que todas aspersoas leven unha prenda branca.
 
As persoas voluntarias que desexen colaborar na organización do evento poden acudir á sede, nomeadamente o luns 21, onde estaremos encantadas de veros. ( Eduardo Pondal 2 bajo 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono/Fax 981 57 81 82 e-mail: galicia@medicosdelmundo.org)
 
Non cremos que haxa problemas ao respecto, mais aínda non recibimos a notificación de concesión de permiso do concello, co cal deberemos estar atentas a calquera notificación de cambio de data, lugar ou cancelación das actividades que vos faríamoschegar nos próximos dias.
Os esperamos!
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

CONVOCATORIA FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago, 14 de Abril  de 2014
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como acordamos, convocamos unha nova  XUNTANZA  DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 26 de Abril ás 11:00 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 14) en Santiago de Compostela (no lugar habitual)   cun único punto na orde do día:           
 
            – 1.- CAMPAÑA SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO:
– Avaliación das actividades desenvolvidas.
– Presentacións da Campaña, pendentes en A Coruña, Ferrol e Boiro/Ribeira.
Preparación do Encontro/Asemblea do ano 2014 prevista para o 7 de Xuño en Santiago de Compostela. Este será o traballo principal da Xuntanza.
– Novas propostas e iniciativas para desenvolver e estender a Campaña.
           
        2.- Preguntas e Suxestións.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA CANTO ANTES E SE TEDES ALGUNHA DATA POSIBLE/PREVISTA  PARA A  PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA, PODEMOS IR ADIANTANDO O TRABALLO
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506-662307019)  Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142