ENCONTRO 2017 FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (10 de junio)

0001
10 de junio de 2017
Polo dereito a vivir dignamente” .
Lugar:  A CORUÑA. CASA MUSEO CASARES QUIROGA. Rúa Panadeiras n.º 12 (no centro histórico)
Programa:
10:30 H: Acollida
11:00 H: Mesa Redonda: “Rachemos coas fronteiras da exclusión: O papel das rendas sociais.”. Silvia Cameán,  Concelleira de Benestar Social de A Coruña; Ruth López (Colectivo Baladre-Erletxea); unha persoa perceptora da renda local de A Coruña; Bieito Lorenzo Penela (Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela). Modera Leticia Castro (Foro Galego de Inmigración).
13:00H: Pasarúa Revíndicativo (preténdese que teña un carácter festivo, con música e non que sexa unha simple manifestación) que rematará no Campo da Leña.
14:00H. Xantar compartido.
16:00H: Formación a cargo de Ruth López (Baladre-Erletxea).
17:30H: Espazo de Asemblea.
18:30H: Remate do Encontro.

Encontro/Asemblea 2016

1-fronteirasa15_ferrolase

Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará ese sábado día 11 de Xuño na cidade de Ferrol (no Ateneo) cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.

Ademáis desenvolveremos un  Acto Público Reivíndicativo ás 13:00 na zona dos  Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas,  que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son   perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

 As persoas interesadas  en participar poden contactar mandando un mail ou contactar telefónicamente

Santiago: 662 307 019  Miguel

A Coruña:     607 486 482    Rubén

Lugo:        645 213 555       Randi

Ferrol:     680 922 151         Susana