III SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS

1-fronteirasa3 (1)
III SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS
DO 2 AO 5 DE NOVEMBRO DE 2015
 
ACTOS E ACTIVIDADES
 
Coa participación de: Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola
Colectiu: Tanquem els CIEs Barcelona
 
A CORUÑA
  • Charla, luns 2 de novembro ás 19:30h en R/ Mosteiro de Caaveiro, 4.
  • Presentación da moción «A Coruña libre de CIEs«, mércores  4 de novembro ás 12:30h no Concello. Rolda de Prensa e entrega da moción a á Concelleira de Igualdade e Diversidade.
  • Cea senegalesa: xoves 5 de novembro ás 21:30h no restaurante Mama África, R/ Pascual Veiga, 14.
FERROL
  • Charla, martes  3 de novembro ás 19:30h na Galería Sargadelos .Rúa Rubalcava 30-32
  • Presentación da moción «Ferrol libre de CIEs«, martes 3 de novembro a partir das 12:00h no Concello con Rolda de Prensa.
COMPOSTELA
  • Charla, mércores  4 de novembro ás 20:00h na Librería Lila de Lilith .Rúa Travesa nº 7
  • Presentación da moción «Compostela libre de CIEs«, mércores 4 de novembro ás 11:00 no Concello con Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Benestar Social.
LUGO
  • ·         Xoves día 5 de Novembro
  • ·         11:00 h: Rolda de Prensa. Concentración. Entrega da Moción no Concello. Na Praza Maior.
  • ·         17:30 h: Kamishibai. Contacontos para nen@s con teatrillo. No Campo Castelo.
  • ·         19:00 h: Cantares de Cego no Campo Castelo.
  • ·         20:30 h: Charla: Stop Deportacións. ( Randi Montero, Colectivo Sem Papeis). No Local Sindical. Ronda da Muralla.
VIGO
  • Charla, xoves 5 de novembro ás 20:00h Local de Árbore (rúa López Mora nº 30) en colaboración con GAS e ODS.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Merenda Intercultural

MERENDA INTERCULTURAL
 
Compañeir@s:
Nas últimas xuntanzas do Foro de Inmigración en Santiago, estivemos a traballar nunha iniciativa para recuperar os encontros do colectivo migrante, como os que tiñamos no Local de Gondwana ou noutros espazos da cidade anteriormente.
O primeiro paso é unha merenda intercultural que vai ter lugar no CTC (local do propio Foro) na Rúa San Roque nº 6 Bis o sábado día 17 de outubro ás 18:00 h. Merenda preparatoria dun Encontro máis amplo que queremos desenvolver o domingo 8 de novembro.
Difundide, e sobre todo as persoas que estades en Compostela ou cerca, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

 

Comunicado Foro Galego de Inmigración. Solidariedade Nicanor Alonso

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Comunicado de prensa
En solidariedade con Nicanor Alonso, inxustamente xulgado na Coruña este martes día 13 de outubro por defender os dereitos dunha muller anciá- Aurelia Rey- á que expulsaban da súa casa e pretendían deixar na rúa.
 
O Foro Galego de Inmigración conformado por asociacións de migrantes, entidades e colectivos sociais, sindicatos e grupos políticos, e persoas a nivel individual, que ten como obxectivo fundamental a defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia, quere amosar neste Comunicado a súa solidariedade co noso compañeiro Nicanor Alonso, defensor destacado dos dereitos das persoas migrantes na cidade de A Coruña e no conxunto de Galicia, que vai ser xulgado este martes día 13 de outubro por defender  os dereitos dunha muller anciá á que expulsaban da súa casa e pretendían deixar na rúa.
Ao tempo denunciar a fonda inxustiza que se comete neste Acto e noutros similares que pretenden criminalizar a resposta social revindicativa de dereitos básicos, e convocar ao conxunto da cidadanía  a unha rebelión masiva, contundente e pacífica fronte a este tipo de feitos.
 
Consideramos intolerabel que se xulge ao noso compañeiro, destacado e coñecido activista social, que neste caso como en tantos outros, empregou a palabra, a través do seu  megafono, para defender dereitos básicos, como unha vivenda digna, para unha muller moi maior á que se pretendía expulsar de forma violenta da súa vivenda, nun dos episodios máis lamentables da recente actuación da Subdelegación de Goberno de A Coruña e do propio goberno municipal do Partido Popular. Recordamos que mesmos profesionais, como os bombeiros, negáronse a participar neste atropelo. Eses feitos que deberon supoñer a destitución inmediata de diversos responsable políticos e policiais, acaban provocando responsabilidades administrativas – con importantes multas coas que pretenden amedrentarnos-, entre outros, para o noso exemplar compañeiro.
 
O Foro Galego de Inmigración súmase a convocatoria de Stop Desafiuzamentos e doutras organizacións e colectivos sociais en apoio do noso compañeiro Nicanor Alonso. Queremos convocar ao conxunto  cidadanía para que participe neste Acto de Apoio a este cidadán exemplar, republicano de honra, que non fixo máis que defender coa palabra os dereitos dunha persoa á que se quería violentar de forma intolerable.”
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

 

Xuntanza do Foro o 7 Outubro (Só zona Compostela)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 7 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6 Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.   Aprobación da Acta da Xuntanza Anterior.
 
2.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar: Presentación Pública conxunta do Informe de Vulneracións de Médicos do Mundo, 17/09/2015.
 
3.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Presentación Pública do Posicionamento do Foro Galego sobre as persoas refuxiadas (29 de setembro), xuntanzas e contactos sobre esta cuestión. Preparación da Xuntanza do Foro Galego prevista para o sábado día 17 de outubro e da III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, prevista inicialmente para a primeira semana de novembro.
 
4.- Deseño da estratexia para tentar reartellar a actividade do colectivo migrante da cidade. Información da xuntanza de representantes do colectivo do 26 de setembro. Actividades acordadas nesa xuntanza.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

 

Convocatoria Foro Galego de Inmigración. Sábado 17 Outubro

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago, 5 de Outubro de 2015.
 
Ola Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos, convocamos a XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 17 de OUTUBRO ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16 preto da Estación de Autobuses e de Área Central, o lugar habitual) Para rematar sobre as 13:00 h.
 
A Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquera outro tema):
 
1.- Información sobre actividades desenvolvidas e previstas no mes de setembro/outubro da Rede Galega en Defensa da Saúde. Información e avaliación dos actos celebrados o 29 e 30 de setembro en relación co Posicionamento do Foro en relación coa situación das persoas refuxiadas en Europa.
 
2.- Preparación da III SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS. Prevista en principio para a primeira semana de novembro. Este será o tema central da Xuntanza.
 
3.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, que é moi importante para tentar organizar da forma máis coordenada posible a III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras.
 
Para calquera dúbida ou aclaración contactar con Miguel (981-580506/ 662307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142