V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS Sem nós non se move o mundo!

V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS 
 
Sem nós non se move o mundo! 
Fronte a violencia patriarcal, autoorganización e apoio mutuo no emprego do fogar Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.
 Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tambén outras barreiras moito mais sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.
Desta volta abordaremos as fronteiras no aceceso a dereitos laborais, en concreto nun sector maioritariamente ocupado por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados. No Estado Español o 90 por cento das empregadas do fogar e de coidados son mulleres; un 46,7 por cento delas teñen tras de si unha historia de migración.
 Da mán de traballadoras organizadas nun espacio autónomo imos coñecer a súa experiencia e o seu proceso de autoempoderamento, ben como a laboura que están a facer en espazos de coordinación estatais para derrubar as fronteiras no acceso a dereitos laborais e sociais.
 Desde esas redes de coordinación estase a desenvolver unha intensa campaña pola ratificación por parte do estado español do Convenio 189 elaborado pola Organización Internacional do Traballo no 2013. Este establece que as empregadas do fogar deben gozar dos mesmos dereitos laborais que os demais sectores, o que abriría a porta para acadar o recoñecemento da prestación por desemprego. Unha discriminación maiúscula que da boa mostra da violencia estrutural, económica e laboral que recae sobre esas traballadoras, aproximadamente unhas seiscentas mil no conxunto do Estado. Tamén de como os traballos que reproducen e sustentan a vida cada día seguen a ser considerados de segunda categoría, relegados á esfera do privado, sin recoñecemento, nin regulación, nin tampouco responsabilidade social sobre as condicións nas se realizan.
Portanto a Semana de Loita contra as Fronteiras enmarcase desta volta no contexto de denuncia das violencias machistas. Á discriminación no acceso á protección social súmanse a falta de contrato e alta na Seguridade Social, as restriccións para acceder a unha baixa ou a dificuldade para que se lles recoñezan accidentes de traballo e enfermedades profesionais, a non retribuición de horas extras, a falta de respeto dos tempos de descanso e de intimidade nos domicilios, o asedio sexual, entre outras.
 Mais fronte a discriminación e a explotación, unión. Esta é a resposta que lle están a dar as nosas convidadas á maraña de violencias á que están sometidas as traballadoras do fogar e de coidados. Acompañarannos Jacqueline Loayza e Roxana Gutiérrez da Asociación Sociocultural NOSOSTRAS por los cuidados y el empleo de hogar de Granada que nos van falar en primeira mán do seu proceso organizativo, das súas loitas, soños e enredos. Debido ao pouco tempo que poden arrebatar das súas xornadas laborais e vidas atribuladas este ano os actos da Semana de Loita contra as Fronteiras concentraranse en dous días. Dous días intensos como as mulleres que nos visitan, nos que amosaran que a autoorganización e o apoio mutuo son ferramentas fundamentais para construír vida dignas, plenas, en liberdade e sen violencia.
 
Programa: 
 
24/11 venres CORUÑA 19:00hs Asociación Viraventos: Mesa redonda “Sen nós non se move o mundo”. Con Roxana Guitiérrez (Asociación Nosotras), Fundación Juan Soñador (Programa Teranga), Ecos do Sur (Proxecto Ecolimp). 
 
FERROL 19:30hs no Ateneo Ferrolán: Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FOGAR”. Con Jacqeline Loayza (Asociación NOSOTRAS), Luca Chao e Saínza Ruiz. 
 
25/11 sábado COMPOSTELA 17:00hs na Caso do Matadoiro: Conversatorio “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO. Auto organización e apoio mutuo nos coidados e emprego do fogar. Dinamizan as compañeiras da ASOCIACIÓN NOSOTRAS.
 .
Máis información e contacto:
 Miguel Fernández 662 30 70 19
Jaqueline Loayza 671 48 29 59
Roxana Gutiérrez 650 24 28 85
Cartaz conversatorio nov 2017-001
Cartel Foro Galego de Inmigración-001

REDES SOCIAIS

«Desde o Grupo de Comunicación, mándannos esta mensaxe para distribuír entre as persoas e colectivos do Foro:

Xa están activos os perfís do Foro Galego de Inmigración nas redes sociais: 

https://twitter.com/foroinmigra
https://www.facebook.com/foroinmigra/

Pouco a pouco iremos incorporando os contidos da Semana Galega da Loita Contra as Fronteiras, cuxo blogue está tamén dispoñible:
https://contraasfronteiras.wordpress.com/

Solicítase difusión para que as nosas publicacións teñen o maior alcance posible.»

Premios SERenidade OTORGADO AO FORO GALEGO DE INMIGRACION

Radio Galicia Cadea SER entrega cada ano os PREMIOS SERENIDADE para galardoar a persoas, empresas e/ou entidades que se destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento, promoción e engrandecimiento de Galicia.
 
O Xurado decidiu outorgar un dos premios ao Foro Galego de Inmigración porque nun mundo cada vez mais individualista é necesario recoñecer a labor de asociacions e persoas a titulo individual que se preocupan polos outros, por eso poñemos o foco sobre unha organización que a cambio de nada loita polos dereitos dos mais desprotexidos, os que chegan ata aquí moitas veces sin nada. Porque o seu obxectivo é lograr que no mundo a migración sexa respectada como un Dereito Humano, así como acabar coa discriminación, o racismo e a xenofobia.
 
Entregaranse nunha Gala no Auditorio de Galicia, Sala Mozart, o xoves 30 de novembro ás 21:00 h.
 
 Aquelas persoas que queiran participar do acto, confirmar antes do venres 24 de novembro. 
 
Un saúdo

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 8 DE NOVEMBRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude.Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.Reclamación pola exclusión de acceso do alumnado inmigrante en situación de irregularidade administrativa ás axudas de libros e material escolar. Reclamación por dificultades de acceso a determinadas prestacións sociais.
2.-ACTIVIDADES ÚLTIMO TRIMESTRE 2017: Actividade en defensa dos dereitos sociais (20 de novembro- Carta aos “reis magos” de menores inmigrantes reclamando os seus dereitos- día dos dereitos dos nen@s) Semana de Loita contra as Fronteiras (25 e 26 de Novembro). Actividade en Compostela o sábado 26 de Novembro pola tarde.
3.Concreción das Propostas do Equipo de Comunicación para o curso 2017/2018.
4.- Novas propostas de Actividades Interculturais polos colectivos migrantes da cidade.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142