I Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2009

Nueva imagenAsociacións de Inmigrantes de Compostela organizan por primeira vez este evento dirixido a visibilizar os colectivos migrantes e promover o encontro entre culturas

NP. 23.09.2009. Onte presentouse en rolda de prensa na Galería Sargadelos o I Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2009, que terá lugar o vindeiro domingo 27 de setembro no Paseo Central da Alameda.

Por primeira vez as asociacións de inmigrantes de Compostela organizan un evento destas características na cidade, para o cal contan co auspicio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Santiago e do Foro de Inmigración, entre outras entidades públicas e privadas.

O obxectivo principal é visibilizar os colectivos migrantes e as súas culturas, promovendo un achegamento entre a comunidade local e os novos e novas galegas, apostando desa forma pola convivencia e o intercambio intercultural.

Entre as 11:00 as 18:00hs, nos stands instalados baixo a carpa situada no paseo central da Alameda, a cidadanía compostelá poderá degustar pratos típicos e compartir por un día as diferentes expresións culturais e folclóricas das comunidades inmigrantes asentadas na cidade, ademáis de recibir información sobre as actividades que realizan as diferentes asociacións organizadoras e convidadas.

As 15:00hs terá lugar unha mostra artística na cal presentaranse bailes e cancións tradicionais de diferentes países, ademáis de outras actividades como contacontos, hip-hop e grafitis.

O evento contará coa participación de dúas asociacións de inmigrantes da Coruña (AMESPA e Asoc. de Uruguayos 25 de Agosto), ademáis das organizacións de Comercio Xusto Panxea e Amarante, que levarán a cabo unha degustación e exposición de productos. Esta última organización tamén presentará unha exposición interactiva, dirixida ao público infantil, sobre a realidade dos nenos e nenas ecuatorianas na

Na rolda de prensa de onte as e os representantes das asociacións de inmigrantes agradeceron o apoio de todas as persoas e entidades que colaboraron na organización do evento e aproveitaron para convidar a toda a cidadanía compostelá a participar nesta actividade intercultural e compartir unha xornada de cultura e folclore coa comunidade inmigrante afincada en Santiago.

A Asociación Gondwana, Asoc. de Venezolanos AVESANTI, Asoc. de Bolivianos, Asoc. de Ecuatorianos COSIOR, Casa Latinoamericana en Galicia, Asoc. de Peruanos, Asoc. Puente Cultural Rumano Gallego e Asoc. Ñane Reta Paraguay, son as responsables pola organización desta actividade.

Para máis información e contacto:

Alexandra Soto (Gondwana) – 605 154 073

MªCarmen Fidalgo (Casa Latinoamericana) – 687 368 314

Participación

Buenas Tardes;

Hemos recibido una invitación a participar en el Aniversario de AMARANTE que tendrá lugar el Sábado 3 de actubre en Pontevedra.

Además de otras actividades, se realizará una feria de asociaciones donde nos han ofrecido tener un STAND de información sobre el FORO DE INMIGRACION  y sus actividades. El horario es de 12 a 14 y de 17 a 20 hs.

Para poder estar presentes en esta actividad,  necesitamos la colaboración de voluntari@s que estén interesad@s en asistir….

Aquellas personas interesadas en participar por favor comunicarlo… !!!! Vía mail o por teléfono.

Un saludo

Periodistas congoleñas han recibido amenazas de muerte muy, muy serias!!

Periodistas congoleñas de la Asociación de Mujeres de los Medios en el Sur de Kivu han recibido amenazas de muerte muy serias!!! Las tres forman parte de la campaña Desafiando el Silencio: medios contra la violencia sexual.
Una de ellas, Caddy Adzuba …
, recibió este año un premio de periodismo (el premio Julio Anguita) en Córdoba, España.
http://www.lolamora .net/index. php?option= com_content&view=article&id=191:amenazas- de-muerte- contra-periodist as-de-la- campana-desafian do-el-silencio- en-rdc&catid=1:ultimas- noticias
Os ruego máxima difusión!!!
P.D.: Son compañeras de una amiga periodista que es la que me ha pasado la nota.

XUNTANZA

Ola  Compañeiras e Compañeiros:

Lembramos a XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 19 de Setembro ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13)

 Orde do día:  

 1.- Avaliación da Asemblea 2009 de Ourense e comezar a preparación da Asemblea do ano 2010.

 2.-Campaña sobre o Proxecto de cambio de Lei de Estranxeiría que está a tramitar o Parlamento Español.*

 3.- Proposta de posta en marcha dentro do Foro dun Rexistro de casos de discriminación  a persoas inmigrantes en Galicia  e dun mecanismo de protesta social e administrativa diante destas situacións.

4.- Entrevista de Presentación do Foro co novo/a responsable da Área de Inmigración e Emigración do goberno da Xunta.

5.- Preguntas e Suxestións.

*__ Xuntamos copia do manifesto do Comité estatal do Foro Social Mundial de Migracións cara as próximas actuacións.

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506-600876480) E mail: foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

DESCARGA MANIFIESTO CE

DESCARGA MANIFIESTO FSMM

Grupo de EDUCACIÓN

Amig@s del foro:

Invitamos a participar a tod@as l@s interesad@s en la reunión del Grupo de Trabajo de EDUCACIÓN (antiguamente “de materiales”) el próximo miércoles 16 de septiembre a las 20,30 hs en el Centro de Traballo e Cultura de Cáritas (Rúa San Roque 6, bis).

Realizaremos una evaluación de las campañas educativas llevadas a cabo hasta el momento y definiremos las lineas de acción de las siguientes actividades, curso 2009-2010.

Un saludo

XOVES 10 SETEMBRO CONVOCATORIA ASAMBLEA CIDADANA CASO DETENCIÓN SENEGALES EN FEROL

ASAMBLEA CIDADANA DE EMERXENCIA POLO CASO DO SENEGALES DETIDO EN FERROL, XOVES 10 DE SETEMBRO ÁS 20,00h. NO ATENEO FERROLÁN, rúa Magdalena 202

Convocamosvos á asamblea cidadana polo caso do senegales detido en Ferrol acusado de raiar coches e apuñalar a un policía. Tal e como se recolle no docuemento adxunto e como xa se informou en correos anteriores, existen inforamciónes que nos fan pensar en irregularidades no procedemento de detenmción e posterior actuación respecto a este tema.

Estamos pendentes de manter unha xuntanza coa subdelegación de goberno para asegurarnos de que se están a cumprir os dereitos fundamentais desta persoa como cidadano.

Valoramos que as informacións verquidas na prensa e o tratamento do mesmo, repercutirá de xeito negativo sobre a comunidade senegalesa asentada na comarca e sobre o colectivo de persoas migrantes en xeral, polo que pensamos que debemos valorar actuacións a seguir para amosar o noso apoio e a nosa visión do tema.

Esperamos que a convocatoria chegue a cantos máis colectivos mellor, polo que vos pedimos que lle deades a máxima difusión.

Vémonos o xoves,

apertas,

Mon

Carta al Suvdelegado de Gobierno- (Ferrol)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Subdelegación de Goberno de A Coruña

Att Ilmo. Sr. Subdelegado de Goberno A Coruña

Avda de la Marina nº 23-1º

15001- A Coruña

Santiago de Compostela, 7 de Setembro de 2009

Estimado Sr:

No nome do Foro Galego de Inmigración composto polas organizacións e entidades recollidas abaixo, remito a seguinte información remitida por un grupo de asociacións e entidades sociais de Ferrol en relación coa detención dun cidadán de orixe senegalés, solicitando unha entrevista urxente con vostede para clarexar a actuación e a situación desta persoa á maior brevidade posible.

“O pasado día 2 de setembro de 2009 publicanse nos medios de comunicación da comarca unha serie de noticias en torno á detención dunha persoa de orixen Senegales acusada de raiar coches e acoitelar a dous polícias. Ao fío destas informacións colgase un video en Internet que foi grabado por un cidadán dende a súa casa que amosa a parte final da detención, momento no que se reduce a esta persoa. A dureza das imaxes e os métodos empregados para tal reducción, ademáis do feito de que unhas 50 persoas se xuntasen arredor dos axentes para ‘oporse’ a detención do individuo ( segundo fontes policiais, tal e como recolle a prensa) fai pensar a diversas persoas e colectivos da cidade que existen datos incoherentes e que fan a historia relatada polos medios incompleta ou imprecisa. Así mesmo, o tratamento dado pola prensa a esta nova e os comentarios vertidos por algunhas persoas nos distintos medios de internet onde se colgou o video, fannos pensar que máis alá do feito en sí, existen evidencias de trato desigual e racismo no tratamento do tema, polo que se decide convocar unha asamblea urxente para falar e valorar cal é a resposta cidadana que se lle quere dar a este tema, e sobre todo, recabar e clarificar a máxima información posible de cómo se sucederon os feitos e cal é o estado desta persoa detida.

Nesta xuntanza, a día 2 de setembro de 2009 ás 20,30 a información acadada é a seguinte: Que S.A.A.M.K, de 22 anos, de orixen senegalés e residente en Fene permanece detido, na mañá do 2 de setembro de 2009, nas dependecias municipais da Comisaria de Ferrol sen ter coñecemento de cal é a súa situación, xa que habendose achegado dúas compañeiras de Cáritas, para solicitar velo e asegurarse de que se están a cumprir os seus dereitos fundamentais, a resposta obtida polas forzas e corpos de seguridade é de total cerrrazón fronte ao tema, non deixandolles velo nen informandoas de cal é a súa situación.

Por outras fontes, sabemos que o primeiro avogado de oficio asignado tampouco pode velo xa que no momento no que se atopa na comisaria a él o trasladan a outras dependencias. O mesmo pasa coa segunda avogada asignada, a cal, ao parecer, non baixa a velo aos calabozos xa que segundo lle comentan se atopa nun estado moi agresivo polo que non é recomendable que baixe soa a velo ( sempre segundo valoracións policiais). Polo que entendemos que non declara na comisaria senón que declará ao día seguinte no Xulgado.

Recibe a visita do Forense do Xulgado e dun traductor da asociación de senegales da Coruña, do cal tampouco temos máis información. Existen dúbidas sobre si se lle deriva á Unidade de Saúde Mental do Novoa Santos ou non.  Efectuase

unha chamada á hora da xuntanza, 20,30h,  ao Novoa Santos e se nos informa de que non se atopa ingresado ali. Informannos de que o seu irmán comenta que a persoa detida ten unha enfermidade mental producto dunha caída de moto no seu páis e que estaba recibindo tratamento en Senegal, o cal non sigue unha vez aqui. Comentase que ten outras causas pendentes e xa en xuño deste ano, efectuouse outra detención, non podemos aclarar por que non se detecta que é unha persoa cunha enfermidade mental e, como tal, se lle deriva a un servizo de saúde mental.

Ao día seguinte, mércores 3 de setembro,  as compañeiras de Cáritas poñense en contacto co seu irmán, Andalá, o cal

comenta que o seu irmán leva ano e medio no Estado Español, é obsesivo e está convencido, pola súa susceptibilidade exacerbada, de que todos falan mal de él, incluso na televisión e por internet. Andalá cree que ten informes médicos do Marcide que xustifican a súa  enfermedade mental. E que él sepa, ao seu irmán non se lle ofreceu en ningún momento a asistencia dun intérprete.

A información recabada é confusa respecto aos feitos en sí e a como se produxo a detención, así mesmo, non se sabe com certeza en ningún momento se esta persoa detida valorouse por parte do Forense do Xulgado coma unha persoa cunha enfermidade mental e de ser o caso, non se explica por que non foi trasladado á Unidade de Saúde Mental do Novoa Santos.

Ë por todo isto, que solicita, coa mediación do Foro Galego de Inmigración, unha xuntanza coa Subdelegación do Goberno para que nos informe de cal e como se desenrolou o procedemento con respecto a este tema.

ASAMBLEA CIDADANA DE EMERXENCIA PARA O CASO DO SENEGALES DETIDO EN FERROL O PASADO 1 DE SETEMBRO DE 2009.”

Aproveitaremos a xuntanza para comentar algún outro caso sucedido este verán e as deportacións de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, houbo varios casos concretos a pasada semana en Santiago.

Esperando a súa resposta, un atento saúdo de:

Miguel Fernández Blanco

Voceiro do Foro Galego de Inmigración , Rúa San Roque nº 6 Bis, 15704- Santiago de Compostela Tel ; 981-580506/981-576142 Fax: 981-580506.

Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es