exposición fotográfica «Galicia somos todos»

Bos días a todos/as:

O vindeiro 15 de febreiro, ás 19:30h, inaugurase a exposición fotográfica «Galicia somos todos» da Secretaría Xeral de Emigración. A exposición estará na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal (Avda. Xoan XXIII, s/n), durante 15 días.

 A través da exposición, que consta de fotografías e textos que retratan en narran a historia de persoas inmigrantes que viven en Galicia, preténdese contribuír á promoción dunha imaxe positiva da inmigración e da convivencia intercultural.

 Pregamos que deades a maior difusión posible a esta actividade.

 Gracias e saúdos,

 Carmen Peñamaría.
 

Imaxes da folga xeral en Galiza

Galerías de imaxes da folga xeral
http://galizacontrainfo.org/galer%C3%AD-de-imaxes-da-folga-xeral

A continuación, disponibilizamos tres galerías de imaxes da folga xeral nacional galega. A primeira é das distintas mobilizacións que tiveron lugar en Vigo, asi como fotos dalgún dos piquetes. A segunda fotogalería é da cidade de Compostela, do 27-x e a súa mobilización. A terceira son fotografías da concentración que se desenvolveu ás portas dos xulgados en Vigo pola liberación dos tres folguistas que aínda permanecían detidos.

Por desgraza, e aínda que estivemos gravando as mobilizacións da CUT e CGT, asi como da CIG en Vigo, a nosa cámara tamén decidiu secundar a folga e non quedou misteriosamente nada rexistrado nas fitas magnéticas utilizadas.

Lembramos a todas as persoas que teñades imaxes e videos desta xornada de folga na Galiza, que nos podedes enviar estes arquivos a través do noso formulario de contacto, ou a traves do correo electrónico (gzcontrainfo@gmail.com).

Haiku Molotov e 65

http://galizacontrainfo.org/haiku-molotov-e-65

Textos do escritor Sechu Sende, tirado do Diário Liberdade.