NOTA DE PRENSA:Asociación sen papeis da Coruña e Foro Galego de Inmigración

NOTA DE PRENSA

Asociación sen papeis da Coruña

Co apoio do Foro Galego de Inmigración

 

 

Detención na rúa Real: Chamamento á reflexión dos responsables policiais

 

            Ante a conflitiva detención no dia de onte na rúa Real dunha persoa migrante, e ante a nota policial difundida con posterioridade, a Asociación Sen Papeis da Coruña co apoio do Foro Galego quere manifestar, ante todo, o seu pesar polas lesións sufridas tanto pola persoa detida como por un policía que procedeu á detención.

            Alén diso, e ante un feito que obviamente incrementa a sensación colectiva de inseguridade, a Asociación Sen Papeis da Coruña, de Inmigración quere facer un chamamento á reflexión dos responsables policiais, en relación a se este é o mellor xeito de xestionar un fenómeno que unha parte -seguramente menor- da poboación entende como un problema.

            Desde que a reforma da lexislación en materia de top-manta impide as detencións por ese motivo, carece por completo de sentido o costoso desplegue de medios policiais que se sigue facendo para atender a esta materia. Convertir a rúa Real nun territorio de conflito hiper-controlado non axuda ao libre uso dese espazo, mesmo aos efectos comerciais.

            Mais aínda: empregar nisto a dotación de axentes encubertos (de paisano) que ten a policía municipal, que por lei deben estar dedicados á criminalidade organizada, é un uso inaxeitado dos recursos públicos.

            Por iso, só cabe entender que esta forma pouco sensata de funcionamento está condicionada polo desexo de calmar as ansiedades de certo sector de comerciantes do centro da cidade. Pero ese non é un fundamento lexítimo para un uso inaxeitado dos recursos policiais públicos, que son sostidos polos impostos de toda a poboación, con ou sen papeis.

            A solución só pode ser o diálogo aberto con todos os colectivos e persoas, con ou sen papeis, que ven o asunto dun xeito diferente, e menos conflitivo, que o que ata o momento se ten ensaiado. Desde a Asociación Sen Papeis da Coruña  e o Foro Galego de Inmigración estamos permanentemente abertos a ese diálogo para buscar xeitos máis pacíficos de habitar colectivamente a nosa cidade. Agardemos que as eleccións municipais sirvan como momento de reflexión, para os responsables policiais que están agora, e para os que virán despois, sobre o mal que se están facendo as cousas.

            Mentres tanto, a Asociación continua documentando a forma de actuación da policía na Coruña en relación coas persoas migrantes, nun informe que será entregado a institucións galegas e españolas, e a organizacións internacionais. É o noso xeito de contribuír, porque o Estado non pode seguir sendo condenado en institucións internacionais (a última vez pola ONU, neste mesmo mes) polo trato que depara ás persoas migrantes.

 

Para máis información

Asociación Sen Papeis da Coruña:  José Ángel Brandariz (685 510012)

Agustina Iglesias Skulj (654 069251)

Foro Galego de Inmigración: Miguel Fernández (981-580506-662-307019)

Anuncios

Un comentario en “NOTA DE PRENSA:Asociación sen papeis da Coruña e Foro Galego de Inmigración

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s