NOTA DE PRENSA DA REDEREFUXIADAS” MENORES SEN REFUXIO NON NO NOSO NOME

NOTA DE PRENSA  DA REDEREFUXIADAS”

 MENORES SEN REFUXIO

NON NO NOSO NOME

DENUNCIANDO A TERRIBLE VULNERACIÓN DE DEREITOS QUE SUFREN  DECENAS  DE MILES DE MENORES NA UNIÓN EUROPEA  E NO ESTADO ESPAÑOL.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas  promove entre o mércores 7 de novembro e o sábado 10 de novembro unha serie de actos e  actividades orientadas a denunciar a terrible vulneración de dereitos que sufren decenas de miles de menores na Unión Europea  e tamén  no Estado Español. Nestes actos e actividades contaremos coa participación de:

– José Palazón: máis dunha década de loita polos dereitos dos menores  e dos migrantes en Melilla (PRODEIN).Probablemente a persoa que mellor coñece a realidade dos menores sen refuxio  no Estado Español. Entre os seus premios e recoñecementos salientamos: Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacia de España 2016; Os Premios de Fotografía Sos Racismo do 2016 e 2016; ou o Premio Ortega e Gasset de xornalismo gráfico do ano 2015.

Os Actos e Actividades coa colaboración de diferentes entidades e asociacións  chegarán a diferentes lugares de Galicia:

 

Santiago de Compostela

 Mercores 7 de Novembro: 19:30 h. Acto público na Praza de MazarelosMenores sen Refuxio, Non no noso Nome  con participación de José Palazón.

20:00 H: Charla aberta con José Palazón na Aula 8 da Facultade de Historia .

Nesta actividade contamos coa colaboración da USC.

 

 A Coruña

 Xoves 8 de Novembro: 11.30 h: Conferencia de José Palazón  sobre menores sen refuxio  na Facultade de Socioloxía da UDC.

20:00 h: Charla aberta de José Palazón no Centro Fonseca(Rúa Fonseca n.º 8) en colaboración coa ONG Entreculturas.

 

Mazaricos

 Venres 9 de Novembro: 21:00 h: Charla aberta de José Palazón na Casa da Cultura de A Picota  en colaboración co Concello de Mazaricos e a Asociación Egueire.

Pontevedra (en colaboración con Círculo de Silencio de Pontevedra)

 Sabado 10 de Novembro:  11:30h charla aberta  de José Palazón na Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Vigo

 Sabado 10 de Novembro: 19:00 h: charla aberta de José Palazón  na Parroquía Corazón de María (R. Honduras n.º 7)  en colaboración coa Rede Social Galicia Sur

 De forma complementaria haberá intervencións en centros de ensino e proxeccións con coloquio do documental “Os nenos de Calais. A hora da Xustiza” da documentalista e activista británica Sue Clayton, que non puido participar nestes actos por mor dunha inoportuna indisposición.

Contactos prensa:

José Palazón630315337

Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Isabel Rey (616-871886)  Miguel Fernández (662-307019)

MenoresSenRefuxio

Anuncios

RECORDATORIO: FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO) MARTES 6 de novembro

FORO DE INMIGRACIÓN

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA, OLLO:

CAMBIAMOS A DATA: MARTES 6 DE NOVEMBRO, NESTA OCASIÓN  ADIANTAMOS A XUNTANZA POR UN ACTO DA REDE DE REFUXIADAS CON JOSÉ PALAZÓN DE PRODEIN QUE SERÁ O MÉRCORES 7 POLA TARDE EN FILOSOFÍA.MANTEMOS A HORA HABITUAL: 20:30 H

CAMBIAMOS O LUGAR: NOVO LOCAL DAS XUNTANZAS. SEDE DA PLATAFORMA POLO EMPREGO (CONCHEIROS N.º 33-1º AO LADO DO BAR TABACOS)

TEL: 662-307019/ 981580506 PARA CALQUERA DÚBIDA

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Rede Galega en Apoio ás persoas Refuxiadas (XORNADAS MENORES SEN REFUXIO,  7-8 DE NOVEMBRO- MOTIVO DO CAMBIO DA DATA DA XUNTANZA ESTE MES-)Rede  Galega en defensa da Sáude (Xuntanza na Consellería de Sanidade)

2– CAMPAÑA: FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO. Dende decembro de 2018.

3.- Semana de Loita Contra as Fronteiras 2018.  Tema: Lei de Estranxeiría Novas datas propostas polo grupo de A Coruña para decembro, con proposta dunha das persoas participantes.

4.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes da cidade. Novas propostas e suxestións

5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

6.- Preguntas e Suxestións.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
MenoresSenRefuxio