FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 2 DE ABRIL ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular,  en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que  constituímos  a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde.  Información da Xuntanza coa Consellería de Sanidade do 27 de Marzo de avaliación do PGPSP. Actuacións en relación cos feitos acontecidos nas últimas semanas en Ceuta e Melilla.
 
3.- Propostas e Actuacións saídas de Asemblea:    Acto de Presentación-Lanzamento da Campaña:  SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! celebrado o sábado 29 de Marzo.  Artellamento e Organización da Campaña na nosa  Zona (concreción das propostas suxeridas na xuntanza de marzo). Este será o tema central da Xuntanza.
 
4.- Novas propostas de traballo para o ano 2014.
 
5.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Campaña: SOS DEREITOS MIGRANTES

sos dereitos cartel

O Foro Galego de Inmigración promove a Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! para promover unha resposta social ampla e contundente na Galiza  ante unha realidade que está a vulnerar xa os máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos.
Xuntamos o cartaz/folleto  de presentación da Campaña e o texto do Documento Base da mesma, e solicitamos a vosa participación  mandando un mail de confirmación a:
O Acto de Presentación e Lanzamento da  Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!  terá lugar o sábado  día 29 de Marzo ás 11:00 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín, no Polígono das Fontiñas)  de Compostela nun Acto Público no que convidamos a todas as organizacións, asociacións e colectivos participantes na Campaña para que teñan unha intervención no mesmo de entre 3 e 5 minutos. (no mail de confirmación da participación na Campaña, podedes indicar tamén  a vosa dispoñibilidade para intervir no Acto e mesmo a persoa ou persoas que os van representar)
NON  O PODEMOS PERMITIR…….. SÚMATE