(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 1 DE SETEMBRO ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. PROPOSTA DE DATA DEFINITIVA PARA A ACCIÓN FORMATIVA DO MES DE SETEMBRO (18 OU 25 DE SETEMBRO)
3.- V Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno. Avaliación d@s dinamizador@s e proposta de datas para comezar o traballo cara a VI Asemblea.
4- Nova liña de traballo da administración autonómica en relación cos temas de inmigración. Valoración da situación no momento actual. Actuacións cara ao vindeiro trimestre.
5.- Campañas educativas: Actuacións previstas para o curso 2010-2011. Remate pendente das actuacións do curso anterior. Diferentes intervencións de persoas do Foro en actividades durante os meses de xullo e agosto.
6.- Proposta de Participación no IV Foro da Cidadanía e da Comunicación: Migración e Medios. Novembro de 2010.
7.- Proposta de Flash Mob, dunha productora televisiva, con persoas inmigrantes, previsto para o 14 de setembro.
8.- Contactos e traballo en rede: Foro Social Galego . Foro Mundial da Educación 2010: Concreción da actuación a desenvolver dende o Foro de Inmigración en colaboración coa Asociación Ospaal nese Foro Mundial.
9.- Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
10.- Preguntas e Suxestións.
Me gusta:
Me gusta Cargando...