Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Comunicado de prensa

Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
Comunicado de prensa
Non no noso nome
 
Concentración  entorno á conmemoración do día internacional  dos dereitos humanos e do día internacional das persoas migrantes : POLO DEREITO AO ASILO/ REFUXIO E POR UNHAS POLÍTICAS MIGRATORIAS QUE RESPECTEN OS DEREITOS HUMANOS .
LUNS 18 de DECEMBRO ás 19:30 h
Praza do Toural
Santiago de Compostela.
Coa participación de Uxía Senlle
 
Na Concentración, á que se sumarán Amnistia Internacional,  o Seminario Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo e ás Marchas da Dignidade entre outras persoas e colectivos,
faremos lectura dun Manifesto no que entorno á data de conmemoración dos dereitos humanos e do día internacional das persoas migrantes , recordaremos para revíndicar a necesidade do seu estricto cumprimiento, o palmario incumprimento do dereito ao asilo/refuxio (artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos) que veñen realizando nos últimos anos os gobernos da Unión Europea e en concreto o goberno español. Esixiremos tamén un cambio radical das políticas migratorias do Estado Español e do resto de países da UE, para que se garanta o respecto aos dereitos humanos das persoas migrantes residentes ou que desexan residir no noso Territorio.
Contaremos coa participación de Uxía Senlle, que lerá o Manifesto acordado polas organizacións convocantes.
CONVOCAMOS AO CONXUNTO DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ  A PARTICIPAR NESTE ACTO DE SOLIDARIEDADE E DE REVINDICACIÓN
Para máis informaciónMaría Díaz (606-267369)/ Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 13 DE DECEMBRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.  Acto 20 de Novembro en defensa dos dereitos sociais :Reclamación pola exclusión de acceso do alumnado inmigrante en situación de irregularidade administrativa ás axudas de libros e material escolar. Reclamación polas dificultades de acceso a determinadas prestacións e axudas sociais. Novas actuacións e propostas neste ámbito.
2.-Avaliación  Semana de Loita contra as Fronteiras (Actos do 25  de Novembro en Compostela ). Propostas para continuar a traballar este tema.
3.-Preparación da Xuntanza do Foro Galego de Inmigración do sábado 16 de decembro en Compostela. Propostas para estender as actuacións e contactos do Foro a outras zonas de Galicia (Ourense, Vigo, …)
4.Concreción das Propostas do Equipo de Comunicación para o curso 2017/2018.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN – Convocatoria 16.12.17

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
 Santiago,  4 de decembro  de 2017.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos na  última xuntanza en A Coruña,  convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día  16  de decembro do 2017  ás 11:00 h en   Santiago  no Centro Social de Fontiñas  (Rúa Berlín nº 13, o lugar habitual  en Compostela) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema:
 1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas (Actividades entorno ao día dos dereitos humanos).
2.- Acto 20 de Novembro sobre acceso a axudas e prestacións sociais para o colectivo de persoas (especialmente menores) en situación de irregularidade administrativo. Outros contactos e actuacións neste tema. Propostas para continuar con demandas importantes (RISGA) neste ámbito
 3.- Avaliación da SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS(20-26 DE Novembro). Tema Emprego Doméstico. Propostas para continuar a traballar este tema.
4.- Propostas para estender as actuacións e contactos do Foro a outras zonas (Ourense, Vigo,…)
5.- Avances nas cuestións de comunicación que queriamos ir cambiando este curso no Foro.
6.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 
 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142