FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN-COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte COMUNICADO en relación coa situación provocada pola prohibición imposta a unha alumna de 6º de Primaria do CEIP de Arteixo de utilizar velo na súa actividade educativa ordinaria:

1.- Recoñecendo o dereito da comunidade educativa do citado Centro de dotarse dun Regulamento de Réxime Interno, consideramos que a utilización voluntaria dun elemento con determinado contido relixioso e/ou cultural para unha alumna e a súa familia, non pode considerarse unha conducta sancionable por contraria as normas de convivencia dun Centro educativo, por non tratarse dun elemento ofensivo para o resto da Comunidade Educativa, nin dun impedimento para o normal desenvolvemento educativo da alumna . O dereito a educación pública en condicións de igualdade en todo caso está por riba dun Regulamento dese tipo. Obrigar a esa alumna a cambiar de centro educativo como se pretende facer, supón unha actuación fondamente discriminatoria para ela e a súa familia. A extensión deste tipo de actuacións ademáis podería derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

2.- Consideramos que é a propia Administración Educativa da Xunta de Galicia a que debe intervir neste caso, e para evitar que se poidan dar outras situación como esta: lexislando ou establecendo claramente principios que obriguen aos Regulamentos de Réxime Interior dos Centros Educativos de Galicia a asumir o carácter intercultural da nosa sociedade e que eviten a posibilidade de actuacións claramente discriminatorias como esta que denunciamos.

Por último, quremos amosar a nosa solidariedade coa menor afectada e coa súa familia e informar que o Foro Galego de Inmigración vai remitir de forma oficial hoxe mesmo sendas comunicacións áo Centro Educativo implicado. e ao Conselleiro Responsable de Cuestións Educativas da Xunta de Galicia para esixir unha rectificación clara e un posicionamento político contundente que evite esta actuación fondamente discriminatoria e outras que puideran suceder no futuro.

Para máis información: Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s