COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO   DE PRENSA

 

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)   convoca unha rolda de prensa informativa o mércores día 23 de Febreiro ás 11:00 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova nº 16) para:

1.- Presentar ás  Propostas e Alegacións do Foro Galego de Inmigración   ao Borrador do Regulamento da Lei de Estranxeiría que foron presentadas formalmente  o martes día 22 de Febreiro na Subdelegación de Goberno de A Coruña para o seu traslado á Secretaría Xeral de Inmigración do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ademáis das Alegacións formais presentaremos unha valoración xeral do Borrador do Regulamento  e dos  seus aspectos máis salientables.

2.- Denunciar e  Esixir da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia que habilite coa máxima brevidade posible os convenios coas  cidades de Galicia para que se poñan en funcionamento as  Unidades Municipais de Migracións, pechadas de facto dende finais do ano 2010 . Este peche súmase  ao conxunto de recurtes en servizos e prestacións que ven sufrindo á poboación inmigrante de Galicia (subvencións a asociacións e entidades, forte diminución das acción formativas etc) no marco do fortísímo recurte en servizos de benestar social que estableceron os orzamentos do ano 2011 e que estamos a sufrir o conxunto da poboación residente en Galicia no presente ano.

3.- Informar das actuacións que vimos desenvolvendo no marco da Campaña “Ninguén Sobra nunha Crise” que rematará na VI Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que se celebrará o 29 de Maio en Santiago de Compostela.

 

Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Fuco Buxán.  

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s