Organizacions galegas promoven unha semana de solidareidade con Honduras

“Honduras: un ano do golpe, un ano de resistencia popular”

 Entre as actividades programadas destacan as proxeccións do documental “QUIEN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe” en Ferrol, Compostela e Coruña
 
21.06.2010. O próximo luns 28 de xuño cúmprese un ano do secuestro á institucionalidade democrática e a vontade popular en Honduras. Co dito motivo diferentes organizacións sociais galegas poñen en marcha unha Semana de Solidariedade coa Resistencia Hondureña.
 
O obxectivo principal é recordar que a represión e persecución de persoas vinculadas a movementos sociais e que a vulneración de dereitos humanos e civís en Honduras seguen vixentes a día de hoxe, pese ao aparente verniz democrático que luce o actual goberno de Porfírio Lobo. 
 
De feito, na súa segunda visita in loco en maio deste ano a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) constatou que as violacións seguen producíndose na actualidade. Pola súa banda, as organizacións de dereitos humanos de Honduras reportan un total de 8 xornalistas asasinados e máis de 700 violacións de dereitos humanos que van dende ameazas, atentados, secuestros, violacións e ataques contra medios de comunicación independentes.
 
Para chamar a atención sobre esa situación de socavamento de dereitos, máis tamén sobre o proceso de mobilización popular fronte ao golpe e aos seus herdeiros políticos, e da súa loita camiño á convocatoria dunha Asemblea Nacional Constituínte que sirva de marco ao proceso de refundación nacional, os colectivos ACSUR- Las Segovias, AMARANTE Setem, CEDEC, Cosal, Coordinadora de Crentes Galegos, Fuco Buxán Asociación Cultural e Whipala organizan diferentes actividades de apoio e solidariedade coa poboación hondureña en resistencia.
 
Estas actividades pivotarán sobre a proxección en diferentes localidade do documental “QUIÉN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe” da directora e guionista Kátia Lara, estreado a pasada semana en cidades como Buenos Aires, La Paz, Managua e Hamburgo. As proxeccións estarán acompañadas dun coloquio dirixidos por compañeiras hondureñas residentes en Galiza e terán lugar en:
 

Ferrol. 24 de Xuño. 19:30hs. Galería Sargadelos.Rúa Rubalcava, 30-32.

 
Compostela. 28 de Xuño. 19.00hs. Libraría Cruceiro. Praza de Cervantes, 6.
 
Coruña. 28 de Xuño. 19:30hs. Galería Sargadelos. Rúa Real, 56.
 

Asemade ás proxeccións, os colectivos convocantes teñen previsto enviar unha carta conxunta ao Parlamento galego esixindo o non recoñecemento do goberno de Porfírio Lobo e o restablecemento das relacións de cooperación de forma subordinada á depuración das institucións públicas hondureñas. Entre as demandas tamén está a ratificación do Frente Nacional de Resistencia Popular -que agrupa a diferentes movementos sociais hondureños- como un interlocutor indispensable para o pleno restablecemento da democracia e a reconstrucción institucional do país. 

AREA DE COOPERACION E SOLIDARIEDADE entre os pobos
AMARANTE Setem 
 
 

Asociación Galega AMARANTE Setem

Romero Donallo, 17
15706 COMPOSTELA
Telefax 881 978 705

http://www.amarantesetem.org

Anuncios

Un comentario en “Organizacions galegas promoven unha semana de solidareidade con Honduras

  1. Pingback: A Coruña Cultura » Conferencia “Honduras: un ano do golpe, un ano de resistencia popular”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s