Participa no Foro Mundial de Educación, Galicia 2010

 


Estimados amigos e amigas,

Dende o Comité Organizador do Foro 2010 en Galicia, invitamos a ONG, movementos, institucións, centros de ensino formal e non formal, redes, cidadáns e cidadás, e todos aqueles e aquelas que loitan por un outro mundo posíbel, a participar nos eventos programados para decembro, e especialmente no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz (FME), evento que terá lugar por primeira vez en Europa. O prazo para presentar propostas de actividades autoxestionadas para o FME remata o 30 de xuño.

O Foro 2010, que se desenvolverá durante todo o mes de Decembro deste ano en Santiago de Compostela -no remate do Ano Xacobeo-, será un moi relevante contedor cultural a nivel mundial que xira en torno á Cultura de Paz. Confluirán tres grandes congresos internacionais (Información e Dereitos Humanos, Días 7 e 8; Dereito Humano á Paz, 9 e 10; Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz, 14 e 15), cun Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz (FME), dos días 10 a 13, adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), por primeira vez en Europa, e cunha Reunión de Alto Nivel da Alianza de Civilizacións coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio (2001-2010) das Nacións Unidas, entre os días 4 e 6 de Decembro, sobre unha cultura de paz e non violencia para todalas nenas e nenos do mundo.

DOCUMENTOS ADXUNTOS
Achegamos 4 documentos relevantes sobre o Foro 2010 e o Foro Mundial de Educación:
01. Carta de presentación e convite para o Foro 2010
02. Cartaz-esquema cos eventos do Foro 2010
03. Volantiña explicativa sobre que é o Foro 2010
04. Guía práctica para participar no Foro Mundial de Educación

Apertas
Comité Organizador do Foro 2010

SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010
Rúa do Valiño, 13-1º
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 e 981 561 956
http://www.foro2010.org | paz@sgep.org

INFORMACIÓN FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN E CULTURA DE PAZ: info@foro2010.org (TEL. 686021933, Manoel Santos)
CONGRESO INFORMACIÓN E DEREITOS HUMANOS: abarrero@fund-culturadepaz.org
CONGRESO DEREITO HUMANO Á PAZ: david.fernandez-puyana@orange.fr
CONGRESO MEMORIA DA GUERRA, RECONCILIACIÓN E CULTURA DE PAZ: memoriaguerracivil@usc.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s