Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DENUNCIA A GRAVE DISCRIMINACIÓN NA QUE A XUNTA DE GALICIA  PRETENDE MANTER AS PESOAS MIGRANTES RESIDENTES EN GALICIA EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA NO REFERENTE AOS SEUS DEREITOS ÁS PRESTACIÓNS SOCIAIS BÁSICAS, EXCLUÍNDOAS DO ACCESO Á RISGA
 
venres 19 de Xaneiro  coincidindo co remate do prazo de alegacións ao DECRETO QUE REGULA A RISGA  E  AS AXUDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL , convocamos  unha rolda de prensa informativa diante do Rexistro Central da Xunta de Galicia en San Caetano  ás 11:30 h para presentar as ALEGACIÓNS  que  promove o Foro Galego de Inmigración para revertir unha situación intolerable
 
A exclusión do Acceso á Risga é abolutamente inaceptable polas seguintes razón básicas:
1.- A  Lei de Estranxeiría– Lei Orgánica a nivel estatal-  recoñece a estas persoas o acceso a prestacións sociais básicas.
2.- A Xunta de Galicia recoñece a RISGA como unha prestación social básica.
3.- Se facemos análise comparativa é posible, porque a Comunidade Autónoma do Pais Vasco integra a estas persoas na súa Renda Miníma. A propia Xunta integra ou vai integrar a este colectivo noutras axudas sociais e educativas.
4.- Os requisitos de acceso do Decreto teñen que ver  ademáis doutras cuestión técnicas co empadroamento durante un período de 6 meses un Concello de Galicia, cumprindo as condicións técnicas e o  tempo de empadroamento é claramente discriminatorio excluír a este colectivo.
5.- As situacións de irregularidade administrativa son transitorias, polo que se está a excluir a posibilidade de que estas persoas residente e veciñas nosas poidan acceder a procesos de inserción e integración socio-laboral mentres resolven a situación administrativa.
6.- Excluímos desta Prestación Social Básica a un colectivo en situación de especial vulnerabilidade pola carencia doutros dereitos básicos e de ingresos mínimos,polo que se incrementaran as situacións de explotación laboral, sexual, ou de calquera outro tipo que están a sufrir na Actualidade.
 
Para máis informaciónMiguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s