FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Santiago, 4 de decembro de 2017.
Ola Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos na última xuntanza en A Coruña, convocamos XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 16 de decembro do 2017 ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13, o lugar habitual en Compostela) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas (Actividades entorno ao día dos dereitos humanos).
2.- Acto 20 de Novembro sobre acceso a axudas e prestacións sociais para o colectivo de persoas (especialmente menores) en situación de irregularidade administrativo. Outros contactos e actuacións neste tema. Propostas para continuar con demandas importantes (RISGA) neste ámbito
3.- Avaliación da SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS(20-26 DE Novembro). Tema Emprego Doméstico. Propostas para continuar a traballar este tema.
4.- Propostas para estender as actuacións e contactos do Foro a outras zonas (Ourense, Vigo,…)
5.- Avances nas cuestións de comunicación que queriamos ir cambiando este curso no Foro.
6.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142