NOMEAMENTO DE NICANOR ALONSO COSTA COMO REPUBLICANO DE HONRA 2015

Xoves, 9 de abril de 2015.
PRESENTACIÓN PÚBLICA NO LOCAL DA REAL ACADEMIA GALEGA (Rúa Tabernas, 11, A Coruña) DO REPUBLICANO DE HONRA 2015, NICANOR ALONSO COSTA
Coa presencia de Carlos Vázquez –amigo persoal da infancia de Nicanor, e compañeiro na loita pola democracia nos tempos en que ambos compartían sacerdocio, de Rubén Constenla -representando ao 15M, do que Nicanor tamén tomou parte, de Adama, inmigrante senegalés chegado hai máis de dez anos en patera á península ibérica, e fundador -xunto con Nicanor-, da Asociación “Sen Papeis” da Coruña, de axuda á inmigración, e tamén coa presenza de Ricardo Rivas, bombeiro da Coruña destacado na súa defensa das persoas desafiuzadas, e membro de de Stop Desafiuzamentos, organización na que tamén participa Nicanor na actualidade
Venres 10 de abril. 19’30 h.
HOMENAXE E OFRENDA FLORAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO DA COMARCA DA CORUÑA, NO MEMORIAL DA AVENIDA DE NAVARRA.
Venres 10 de abril, 21’30 h. Hotel Meliá María Pita, A Coruña (fronte a praia do Orzán)
CEA DA REPÚBLICA.
Para anotarse nesta cea, que ten un prezo de 20 euros, pódese chamar ao teléfono 607506231, ou escribir un correo electrónico a crmhacoruna@gmail.comÁ hora de anotarse é necesario decir qué preferencia ten cada quen para o segundo prato; se carne -solombo de tenreira-, ou peixe -bacallau-. Tamén é importante ter en conta que temos que dar unha cifra aproximada de asistentes ao hotel antes do día 2 de abril. Daquela, prégase que a xente que teña intención de asistir á Cea da República, se anote canto antes.
Sábado, 18 de abril, 12 h.
HOMENAXE E REGRESO DAS CINZAS DE LUISA VIQUEIRA -REPUBLICANA DE HONRA 2010-, Á SÚA TERRA NATAL, NO CEMITERIO DE OUCES, EN BERGONDO
Neste acto contaremos coa participación de Fernando Souto Suárez –presidente da CRMH-, quen presentará a Nicanor Alonso Costa, Republicano de Honra 2015, quen toma o relevo da Luisa Viqueira en tal distinción, para rematar coas palabras -seguro que sentidas-, do fillo de Luisa Viqueira, Manuel Rodríguez Viqueira.
cuadriptico CRMH 2015
cuadriptico CRMH 2015

Deja un comentario