Convocatoria FORO – DIFUNDIR

 O carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea cada vez faise máis patente.
A brutalidade policial contra as persoas migrantes na fronteira sur, os voos de deportación masiva ou “voos da vergoña” que están a encher as arcas das empresas aéreas, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” avaladas pola Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotidianamente nas cidades galegas dan boa mostra diso.
Porén, as restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan à primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.
Para expoñer e denunciar a situación nas fronteiras exteriores e interiores o Foro Galego da Imigración levou a cabo o pasado ano a Semana de Loita contra as Fronteiras na que contamos coa participación de moitas de vós. Mais este ano gostábamos de contar coa tua contiribucion na orhanización destas actividades.
Para iso, convidámosche a asistir à xuntanza preparatoria que imos celebrar o mércores 04 de febreiro, ás 20hs no CSC das Fontiñas.
Nese encontro imos facer unha breve explicación da actual situación das politicas migratorias e consensuar as actividades que os diferentes colectivos e persoas propoñan para desenvolver durante nesta semana de loitacontra as medidas represivas contra as persoas migrantes.
Nen recortes de dereitos nen acoso policial.
Loitar contra a represión é quebrar fronteiras!
 
 DIFUNDIR NAS VOSAS REDES DE CONTACTOS 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Un comentario en “Convocatoria FORO – DIFUNDIR

  1. Pingback: [Compostela] Mércores 4 febreiro ás 20hs: Xuntanza Preparatoria Aberta da II Semana de Loita contra as Fronteiras, no Centro Sociocultural das Fontiñas | abordaxe

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s