Denuncia agresión Racista do Foro Galego de Inmigración

Subdelegación de Goberno de A Coruña

Att Ilmo. Sr. Subdelegado de Goberno A Coruña

Avda de la Marina nº 23-1º

15001- A Coruña

Santiago de Compostela, 6 de Outubro de 2009

 

Estimado Sr:

No nome do Foro Galego de Inmigración composto polas organizacións e entidades recollidas abaixo, remito a seguinte denuncia  presentada por unha das nosas asociacións na cidade de Ferrol. Os feitos afectan a unha persoa directamente participante nas actividades desa Asociación:

 

“Muy buenas tardes, le escribo para comunicarles que mi familia y yo fuimos víctimas de un brote racista y
xenófobo ,donde hubo un casi un linchamiento,para mi familia. Esto sucedió, el  domingo día 4 de Octubre  a las 7 de la mañana en el portal de mi domicilio na Rúa  Rio L erez nº 8 en Ferrol. Veníamos de una fiesta,mi hija,un sobrino y su padre. Nos sentamos en el portal de mi domicilio a aconversar y descansar los pies. Por el cansancio,decidi subir hasta casa,me duché y vestí con pijama.en ese momento cuando me disponía a acostarme,escuché golpes y discuciones,me dí cuenta que esto estaba sucediendo en mi portal.
Bajé inmediatamente,para auxiliar a mi hija,y sobrino. Tal fue la sorpresa al ver a  un grupo de persoas que  estaban subiendo por las escaleras para sacarlos a la calle para agredirlos de forma violenta. Le dije a mi hija que llamara a la policia,y lo hizo 2 veces al 091,le dijeron que no podian hacer nada porque no era
competencia de ellos la primera vez. En la segunda ocasión le dijeron que no llamara que no podían hacer nada y una tercera llamada no la respondieron.
Lamentablemente todo esto paso muy rapido,y al no venir la policia tuve que hacer frente a la situacion,defendiendo a mi familia sola,en contra de un grupo que calculo de unas 30 personas que proferían insultos racistas y muchas amenazas hacia mi familia.  La única persona que nos defendió fue el presidente de mi comunidad,que nos conoce,por ser,peronas equilibradas y tranquilas.”

 

Se trata de una família de persoas de orixe chileno que xá están nacionalizadas españolas e que nestes momentos se sinten gravemente ameazad@s. Hoxe mesmo martes dia 6 de Outubro van presentar as correspondentes denuncias diante do xulgado de garda, pero en todo caso pensamos que hai varios aspectos de especial importancia:

– A actuación dun grupo de persoas, bastante numeroso , cunha clara compoñente racista e violenta, que  conven investigar para tentar atallar antes de que suceda algo máis grave ainda.

– A actuación da Policia Nacional de Ferrol que atende o servizo do 091, que segundo a denuncia fixo unha grave deixación das súas responsabilidades que conven investigar e clarexar o antes posible.

 

– A necesidade de garantir a seguridade desta familia de orixe chileno residente en Ferrol, que se sinte, lóxicamente, gravemente ameazada neste momento.

 

Polo tanto solicitamos unha entrevista con vostede, moi preferiblemente en horario de tarde  para recibir as correspondentes explicacións e para informarnos das medidas que pensan tomar diante desta situación. Nesa entrevista, a propia persoa afectada poderalle relatarlle os feitos tal e como sucederon.

 

Esperando a súa resposta, un atento saúdo de:

 

 

Miguel Fernández Blanco

Voceiro do Foro Galego de Inmigración , Rúa San Roque nº 6 Bis, 15704- Santiago de Compostela Tel ; 981-580506/981-576142 Fax: 981-580506.

Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Deja un comentario