Rachemos coas Fronteiras. Encontro con Djibril Fayé.

O próximo mércores 26 de abril , ás 20h, no Local da Asociación Veciñal  A Xuntanza, do Barrio de San Pedro,(Corredoira das Fraguas nº 37 Baixo) en Santiago de Compostela  vai ter lugar un Encontro con Djibril Fayé, inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia, onde colabora na ONGd Ecos do Sur, (www.ecosdosur.org) unha Organización  que se dedica á cooperación e integración de persoas migrantes. O Encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal A Xuntanza do Barrio de San Pedro.
 
Esperamos contar coa vosa presenza para ir derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.

0001

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
 
Informamos da Vista no Xulgado Contencioso- Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela (o vindeiro martes 18 de abril ás 09:40 h) do RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE DANIEL VERA MARTÍNEZ (XOVEN DE 19 ANOS, DE NACIONALIDADE PARAGUAIA CON MÁIS DE 14 DE RESIDENCIA CONTINUADA EN COMPOSTELA), CONTRA A SÚA TERRIBLE E INXUSTA EXPULSIÓN EXPRESS REALIZADA O PASADO 26 DE NOVEMBRO.
 
Este rapaz de 19 anos, vivía coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia. Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia converteu  en Resolución firme para  executar de forma inmediata: Foi detido o martes 22 de novembro de 2016  e expulsado o sábado 26 de novembro, pese a todos os intentos realizados por evitar esa terrible inxustiza.  Non tiña familia significativa para él  algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí denda hai  eses mesmos 14 anos
 
Eles estarán tamén as portas do xulgado esperando una Resolución favorable a Danny. Este Recurso foi elaborado e presentando pola Asociación de Madrid do colectivo paraguaio, “PARAGUAY RESISTE
CONVOCAMOS:
Concentración e Rolda de Prensa informativa: ese  martes 18 de abril ás 10:00 h diante do edificio dos xulgados en Santiago de Compostela (o novo edificio que está na Rúa Berlín). Na mesma denunciaremos tamén a persecución que sufren  en xeral  as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa no Estado e na Galiza, como sucedeu no caso de Danny.
Pregamos a máxima participación da cidadanía neste acto para axudar a revertir a fonda inxustiza cometida.
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Convocatoria Importante

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Convocatoria Importante
 
Vista no Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela (martes 18 de abril ás 09:40 h) do RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE DANIEL VERA MARTÍNEZ (XOVEN DE 19 ANOS, DE NACIONALIDADE PARAGUAIA CON MÁIS DE 13 DE RESIDENCIA CONTINUADA EN COMPOSTELA), CONTRA A SÚA TERRIBLE E INXUSTA EXPULSIÓN EXPRESS REALIZADA O PASADO 26 DE NOVEMBRO.
Este Recurso foi elaborado e presentando pola Asociación de Madrid do colectivo paraguaio, “PARAGUAY RESISTE”
 
CONVOCAMOS:
Concentración e Rolda de Prensa informativa: ese  martes 18 de abril ás 10:00 h diante do edificio dos xulgados en Santiago de Compostela (o novo edificio que está na Rúa Berlín)
 
Pregamos a vosa participación e a máxima difusión posible desta Convocatoria
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN. Convocatoria sábado 1 de abril

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos a última vez,   convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para osábado día  1  de abril do 2017  ás 11:00 h en Santiago noCentro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16 preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas. .
 
2.-  Actividades  previstas:
-Actividades entorno ás Rendas Sociais Municipais :A Coruña, Compostela (Conversatorio 28 de marzo).
-Actividade sobre as Fronteiras (entorno ao documental do Tarajal), Fixar datas, lugares e contido concreto da actividade, que falaramos de desenvolver despois de Semana Santa (dúas últimas semanas de Abril)
– Outras actividades.
 
3.-  Encontro Final de Curso do Foro Galego: A Coruña, 10 de Xuño. Deseño do contido do Encontro e do proceso de preparación do mesmo.
 
4Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA E QUE FAGADES UN ESFORO POR PARTICIPAR. (temos varias cuestións que concretar)
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel ou Rocío (981-580506/ 662307019) 
 

RACHEMOS FRONTEIRAS-GALICIA TERRA DE ACOLLIDA

REDE GALEGA DE APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS

CHANGE.ORG- CAMPAÑA firmas on line                          
Desde a Rede Galega de Apoio ás persoas Refuxiadas lanzamos esta campaña pois é necesario resover con urxencia a situación das persoas refuxiadas en campamentos en Grecia e Turquía que están morrendo de frio sen unha xustificación lóxica por parte das autoridades competentes.
Esiximos que se cumpran inmediatamente os compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo Estado Español ante a UE.
Tamén exisimos a anulación do acordo entre a UE e Turquía de todos os tratados que, do mesmo xeito supoñen a vulneración e un risco para a grantía dos dereitos humanos das persoas.