Intervención ante vulneración

Hola a tod@s:

Enviamos una copia de la carta dirigida al subdelegado de gobierno para denunciar una situación de vulneración sufrida por una familia de origen venezolano el domingo pasado en Milladoiro (Ames) por parte de la guardia Civil. 

También se ha enviado una carta al cuartel de la guardia Civil de Milladoiro-Ames.

El caso ha quedado recogido en la nueva base de datos sobre denuncias/vulneraciones de DDHH del colectivo inmigrante del FORO DE INMIGRACION.

Un Saludo

________________________________________

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Subdelegación de Goberno de A Coruña

Att Ilmo. Sr. Subdelegado de Goberno A Coruña

Avda de la Marina nº 23-1º

15001- A Coruña

Santiago de Compostela, 22 de Xullo de 2009

Estimado Sr:

No nome do Foro Galego de Inmigración composto polas organizacións e entidades recollidas abaixo, remito a seguinte información contrastada sobre unha actuación da Garda Civil do Milladoiro (Ames), esperando unha resposta e unha explicación pola súa parte:

 “O domingo día 19 de Xullo nun ciberlocutorio ubicado na Rúa Rosalía de Castro nº 27 Baixo da localidade de Milladoiro (Concello de Ames) nos arredores de Santiago de Compostela, rexentado por unha familia de cidadáns de orixe venezolano, segundo relatan os afectados: irrumpieron dous membros da Garda Civil que non se identificaron e que se adentraron sin permiso no local, a pesar das manifestacións en tal sentido da persoa que rexenta o Establecemto. Esta muller que rexenta o local foi obrigada a identificarse, xunto con outros membros da súa familia que se atopaban no lugar. Considerando desproporcionada a actuación relatada, a familia (muller, home e cuñado) dirixiuse ao Cuarteliño da Garda Cívil de Milladoiro a interpoñer unha denuncia por eses feitos (denuncia que fixo efectiva ). Houbo aquí segundo estas persoas indican, comentarios de carácter racista e discriminatorios por parte dalgún axente da Garda Cívil, cunha actitude que consideran  mesmo intimidatoria , especialmente co cuñado da persoa responsable do Ciberlocutorio que presentou a denuncia.

Postos en contacto co Sarxento Responsable do citado Cuartel de Milladoiro, telefónicamente e de forma moi amable, recoñeceu a intervención, motivada porque lles pareceu aos axentes que un grupo de rapaces de forma sospeitosa entraban no citado local, que o propio mando non considera conflictivo. Alega que non precisan permiso para entrar nun local público, aínda que conviría preguntarse porque motivo solicitan a identificación das persoas que rexentan ou están no local, sin pertencer ao grupo de posibles sospeitosos. Sobre os acontecementos da tarde dese día no Cuarteliño, o Sarxento informa que se recibíu a  denuncia da muller que rexenta o local, pero que non lle consta que houbera algún tipo de agresión ou consideración de tipo racista. De feito, este Mando comprometeuse a investigar estes posibles feitos. “

 O motivo fundamental desta Comunicación é obter, respaldados polas propias persoas afectadas, unha explicación ou xustificación por escrito da actuación e que se asuman as responsabilidades que se puedan derivar si houbo efectivamente actuacións desproporcionadas ou comentarios racistas e intimidatorios.

 Esperando a súa resposta, un atento saúdo de:

Miguel Fernández Blanco

Voceiro do Foro Galego de Inmigración , Rúa San Roque nº 6 Bis, 15704- Santiago de Compostela Tel ; 981-580506/981-576142 Fax: 981-580506.

Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es