COMUNICADO DE PRENSA- MANIFESTO EXCLUSIÓN SANITARIA(2)

COMUNICADO  DE PRENSA
 
O FOR0 GLAEGO DE INMIGRACIÓN APOIA ESTE MANIFESTO QUE SE DIFUNDE HOXE EN  TODO O ESTADO ESPAÑOL.  
 
 CONTRA A EXCLUSIÓN SANITARIA, EN DEFENSA DA SANIDADE UNIVERSAL.
Cando se cumpren dous anos da entrada en vigor do RDL 16/2012, sesenta e unha organizacións e plataformas dos ámbitos social, profesional e científico, denuncian os impactos deste e o incumprimento por parte do Goberno Español da lexislación internacional de dereitos humanos.
En Abril de 2012 o Goberno aprobou o Real Decreto Lei 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións (en diante RDL). Con este RDL a asistencia sanitaria deixou de ser un dereito de todas as persoas, e pasou a ser unha prestación vinculada á condición administrativa de asegurado. Ademais restrínxense certas prestacións e auméntase a carga económica directa para as persoas. Dous anos despois o balance non pode ser máis negativo:
 
– Tras a aplicación do RDL, polo menos 873000 persoas en España perderon o dereito á asistencia sanitaria, segundo cifras do propio Goberno. Falamos dunha poboación especialmente vulnerable e que debería gozar de medidas de protección sociosanitarias. Hai que apuntar ademais, que se trata dun colectivo que, ao igual que todo cidadán vén contribuíndo ao seu financiamento mediante os impostos.
-A diferente aplicación do RDL polas Comunidades Autónomas (CCAA) e a disparidade de criterios na aplicación da normativa por parte dos centros sanitarios deteriorou aínda máis a cohesión territorial no Sistema Nacional de Saúde, e converteu o acceso á atención sanitaria nun auténtico labirinto administrativo.
-Mesmo naqueles supostos nos que o RDL recoñece o dereito á atención (embarazadas, menores, atención de urxencias…) orixináronse numerosos casos de desatención, sen que, ata a data, se tomase ningunha iniciativa para atallar estes incumprimentos.
-Desprazar a atención ás urxencias (se esta se logra) xera atraso diagnóstico e agravamento das patoloxías, o que supón un aumento do gasto sanitario para a súa atención. Estudos noutros países demostraron que medidas de exclusión sanitaria similares xeraron un gasto ata catro veces maior do que custaría cunha atención inclusiva.
-A esixencia de firma de compromisos de pagamento, a facturación indebida da atención en urxencias e outros impedimentos para o acceso ao sistema sanitario, teñen xerando un efecto disuasorio e unha ruptura da continuidade asistencial, que está a poñer en grave risco a saúde e a vida das persoas, tal como organizacións medicas evidenciaron nos falecementos de Alpha Pam en Mallorca, SoidadeTorrico en Valencia e Janneth Beltrán en Toledo.
– A pesar de que algunhas CCAA emitiron instrucións para asegurar asistencia sanitaria para toda a poboación nos supostos de saúde pública, o citado RDL sinta as bases para que se produza un retroceso nos programas de prevención, vixilancia e control de enfermidades tanto transmisibles coma non transmisibles. As dificultades de acceso de sectores de poboación ás medidas propostas para evitar a aparición de novos casos e/ou o control de brotes epidémicos (vacinación, quimioprofilaxis ou inmunoprofilaxe, illamento, diagnóstico ou tratamento), ten repercusións non só no ámbito individual senón tamén na saúde colectiva.
– Nun contexto de incremento da desigualdade económica (nos catro anos iniciais da crise, a desigualdade nos ingresos creceu na mesma medida que se lograra reducir nos vinte e dous anos previos) o encarecemento do acceso a determinadas prestacións e medicamentos, e a exclusión sanitaria das persoas máis vulnerables, provocados pola promulgación do RDL, xerou un incremento relevante das desigualdades en saúde, como empeza a demostrarse nalgunhas CCAA. Está demostrado que o incremento na desigualdade de ingresos produce un aumento de problemas de saúde, un peor uso dos medicamentos e un incremento xeral do sufrimento.
– Resulta preocupante o posible impacto de xénero do RDL, dados os crecentes obstáculos que están a encontrar as mulleres emigrantes ás cales se lles retirou a tarxeta sanitaria, o que dificulta a detección de casos de violencia de xénero, así como a axeitada asistencia en casos de violencia sexual. No caso das vítimas de trata de seres humanos limítase o acceso aos que se lles outorga o período de restablecemento e reflexión, mentres que á maioría non se lles recoñece o dereito á asistencia sanitaria. De igual xeito, convén recordar que son as mulleres o colectivo maioritariamente afectado pola desigualdade económica.
-Varios organismos de Nacións Unidas e do Consello de Europa subliñaron que esta reforma contravén estándares internacionais de dereitos humanos. Dirixiron numerosas recomendacións ao Goberno español instándoo a garantir o acceso á atención sanitaria das persoas emigrantes, independentemente da súa situación administrativa. Así mesmo, pedíronlle que avalíe o impacto da reforma sanitaria en termos de dereitos humanos, e recordáronlle que as normas de dereitos humanos non poden ser ignoradas polas presións fiscais. Ata a data o Goberno non cumpriu ningunha destas recomendacións.
 
-Pola súa banda, o Tribunal Constitucional en dous autos afirma que “o dereito á saúde e o dereito á integridade física das persoas afectadas…, así como a conveniencia de evitar riscos para a saúde do conxunto da sociedade, posúen unha importancia singular no marco constitucional, que non pode verse desvirtuada pola mera consideración dun eventual aforro económico que non puido ser concretado”.
Efectivamente, antes de implantar o RDL non se analizou nin comunicou con claridade o aforro que ía supoñer e ata a data non se publicou ningún cálculo ao respecto.
 
Ante esta situación instamos o Goberno de España a derrogar o RDL16/2012, e elaborar unha nova Lei de Sanidade:
  • Que naza dun amplo consenso coas diversas forzas políticas, organizacións sociais e sociedades científicas
  • Que estableza as condicións para un Sistema Nacional de Saúde, universal, de calidade, e sostible sobre a base dunha xestión eficiente, eficaz e transparente.
  • Que garanta o dereito á protección e promoción da saúde establecido na Constitución Española, e o dereito de toda persoa ao desfrute do máis alto nivel posible de saúde, tal e como é definida pola Organización Mundial da Saúde: completo estado de benestar físico, psíquico e social e non só a ausencia de enfermidade, como marco das políticas, plans e estratexias de saúde e base do modelo integrador biopsico-social de atención á persoa enferma, dereito tamén recollido no Pacto Internacional de Dereitos Sociais, Económicos e Culturais ratificado por España.

Madrid 30 de Setembro de 2014
 
Para máis información:
Portavoces estatales: Carmen López  630 746 802  (Amnistía Internacional) e Celia Zafra: 629 21 47 55 (Médicos del Mundo)
Portavoz Galicia: Foro Galego de Inmigración: Miguel Fernández (662-307019) 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s