COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO  DE PRENSA
 
  DENUNCIA DA PERSECUCIÓN POLICIAL A UN MATRIMONIO DE PERSOAS MAIORES  ARXENTINAS RESIDENTE EN COMPOSTELA DENDE HAI 8 ANOS
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN quere facer público o seguinte comunicado informativo para denunciar un tremendo exemplo da persecución policial cara ao colectivo inmigrante residente na cidade de Santiago de Compostela que ven de suceder segundo os feitos que relatamos a continuación:
 
“ Unha parella de cidadáns arxentinos de 59 e 64 anos, respectivamente, residentes en Santiago de Compostela desde o ano 2006. Viven nesta cidade co seu fillo e a súa nora, residentes legais, xunto tamén cos seus dous netos menores de idade. A muller leva varios intentos de regularización, o último deles unha solicitude de arraigo social que foi desestimada como tantas outras, pola excesiva cantidade de ingresos que se ven solicitando ás familias que presentan pre-contratos de traballo para mulleres traballadoras estranxeiras como empregadas de fogar. Supoñemos que derivada desta resolución negativa (cando estas persoas se atopan en situación de irregularidade administrativa, esíxelles que tente regularizar a súa situación; cando o intentan e non o conseguen por razóns alleas a elas mesmas ademais, entón van a por eles e elas) recibiron a visita de dous policías no seu domicilio o pasado 27 de maio – podemos imaxinar esta situación con menores na vivenda, os seus netos- que lle pediron o seu pasaporte e xa de paso ao seu home. Nese momento quedaron –requisáronlles- cos dous pasaportes (medida claramente desproporcionada, xa que está prevista nos casos de presuntos delicuentes que presenten risco de fuxida, que non parece o caso destes avos, veciños nosos dende hai oito anos) e citáronos ao día  seguinte na Comisaría de Policía, para incoarlles un procedemento de expulsión preferente (previsto para outros casos, os dos posibles delincuentes estranxeiros precisamente), coa obriga de presentarse cada 15 días na Comisaria para asinar e coa anguria de que nunha desas visitas poden ser expulsados da nosa cidade, do seu fogar, porque aquí  está o seu fogar co seu fillo e netos, o seu único fogar. Como  sucede con tantos avos, axudan a coidar dos rapaces e resultan imprescindible para esa tarefa, xa que os pais traballan moitas horas en establecementos de hostalería da nosa cidade. Arrepía escoitar, cos ollos chorosos, a esta muller como narra a humillación que sentiu por ter que deixar as pegadas  e posar para a foto esa que vemos nas películas que fan aos delicuentes nas comisarias. De verdade, poderíamos aturar que os nosos pais, os nosos vellos en Arxentina, en Chile ou en Senegal recibiran un trato semellante por unha simple falta administrativa, que a propia lexislación impide resolver na maioría dos casos. De verdade cremos que  as Forzas de Seguridade do Estado teñen que realizar labores como estas,  que non existen outros labores máis importantes para garantir a nosa seguridade que perseguir a estas persoas; de verdade podemos consentir que unha parella de avós con tanto tempo de residencia na nosa cidade poidan recibir este trato e sufrir a anguria que teñen nestes momentos; IMOS PERMITIR QUE ESTES AVÓS SEXAN EXPULSADOS COMO DELINCUENTES DA NOSA CIDADE QUE TAMÉN É A SÚA DENDE HAI TANTO TEMPO. O PRESENTE COMUNICADO SÓ PRETENDE QUE A NOSA VECIÑANZA COÑEZA ESTE TIPO DE SITUACIÓNS- SÓ É UN EXEMPLO, PERO HAI MÁIS CASOS SIMILARES-QUE DE FORMA SILENCIOSA E SILENCIADA SUCEDEN NA NOSA CIDADE. NON CREMOS QUE DEBAMOS PERMITIR ESTE TIPO DE INXUSTIZAS CONTINUEN.
 
Para máis información :  Miguel Fernández (662-307019)
 
PARA CONTACTAR COA FAMILIA DIRECTAMENTE: Leonardo Morra (618-536778)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s