FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
COMUNICADO  DE PRENSA
 
  DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA: SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO, REMITIDO AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN convoca  un Acto Público de Presentación doDOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA  “SOS DEREITOS MIGRANTES” DÍANTE DASUBDELEGACIÓN DE GOBERNO DE  A CORUÑA (AVDA DA MARIÑA Nº 23), O MERCORES DÍA 18 DE XUÑO ÁS 11:00 H , QUE SERÁ REMITIDO DENDE O REXISTRO DESA  INSTANCIA ADMINISTRATIVA AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL PARA A SÚA CONSIDERACIÓN E ESTUDO DE CARA A MELLORAR ÁS POLÍTICAS DIRIXIDAS  CARA A ESTE COLECTIVO DENDE AS DIFERENTES ADMINSITRACIÓNS PÚBLICAS.
 
o documento final da  Campaña SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO é o resultado dunha  Campaña desenvolvida  dende o 29 de Marzo (comezou cun Acto Público en Santiago de Compostela, ese día) ata o pasado 7 de Xuño,no que celebramos  un Encontro Final de Traballo, do que saíua  aprobado o documento que remitimos ao Presidente do Goberno do Estado Español. Realizamos tamén actos de presentación da Campaña en A Coruña, Ferrol y Boiro, e o  documento final da Campaña conta ademáis co respaldo de diferentes grupos, asociacións  e entidades como A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, Médicos do Mundo Galicia, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Alternativa Galega de Esquerda, BNG, CUT, PsdGA-PSOE-Ferrol, Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, Ecos do Sur, Xuventudes Comunistas, Asociación Plataforma polo Emprego, Centro Traballo e Cultura de Cáritas Interparroquial de Santiago,  Asociacións de Veciños de diferentes cidades de Galicia e a maioría das asociacións de inmigrantes desta Comunidade  Autónoma.
 
Campaña pretendía concienciar ao conxunto da sociedade galega do forte impacto que as políticas das diferentes administracións públicas están a producir nos  dereitos das persoas migrantes e as intolerables situacións que padecen,   partíu de:
 
“  Os aberrantes e vergoñantes  acontecementos que están a suceder nos últimos meses nas Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas violentas, posiblemente  delictivas, e en todo caso  irregulares por parte da Policia e da Garda Cívil no “control” desas fronteiras.  Engadimos a iso, o intolerable  anuncio do Goberno Central de realizar cambios lexislativos que regularicen  ese tipo de prácticas (nomeadamente a expulsión inmediata sin garantías legais dos detidos xa no interior do territorio español) e actuacións, que van en contra dos máis elementais principios democráticos e dos dereitos humanos.”
 
recordou, ademáis:
“- A exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación irregular.
– A intensificación das redadas racistas e da persecución sistemática das persoas migrantes.
– A persecución específica do colectivo de vendedores ambulantes na Galiza.
-O aumento das situacións de explotación laboral do colectivo na Galiza, especialmente nos ámbitos do emprego doméstico, das explotacións agrícola-gandeiras e do séctor pesqueiro.
-Os  fortísimos recurtes dos orzamentos públicos adicados ao Colectivo migrante da Galiza.
– A existencia  no Estado Español dos CIES e a continúa violación de dereitos que se producen  nos mesmos”.
Para máis información :  Miguel Fernández (662-307019) e Rocío Rodríguez (600-867480)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s