Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

 

SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Foro Galego de Inmigración  no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidadeque desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado presentará o xoves día 18 de abril aos grupos  políticos con representación  no Concello de Santiago de Compostela  o texto da Moción “Salvemos a Hospitalidade”– que xuntamos con este Comunicado de Prensa-, co obxecto de que sexa consensuada e presentada para a súa aprobación nun pleno municipal  o máis pronto posible.

As Xuntanzas previstas son as seguintes:

 

9:30 h: Co voceiro municipal do BNG

9:45h: Coa voceira municipal do grupo do Partido Popular

10:00h: Co voceiro municipal do PSdG-PSOE

 

Ás10:30 H, Rolda de Prensa informativa para dar conta do resultado das xuntanzas nos baixos do Concello na Praza do Obradoiro.

 

A Moción pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis do devandito Código

 

Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución (ou de non persecución), en función do criterio do Ministerio Público.
Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares básicos da sociedade: a convivencia.

A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel Fernández Blanco (662-307019) Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s