COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

 

SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO PARLAMENTO GALEGO

 

Foro Galego de Inmigración  no marco da Campaña EstatalSalvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado  presentará omartes día 5 de marzo aos grupos do Parlamento Galego o texto daMoción “Salvemos a Hospitalidade”– que xuntamos con este Comunicado de Prensa-, co obxecto de que sexa consensuada e presentada para a súa aprobación ao Pleno da Cámara Galega o máis pronto posible.

As Xuntanzas previstas son as seguintes:

16:00 h: Con representantes do BNG

16:30 h: Con representantes do PSdG-PSOE

17:00 h: Con representantes de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas)

Pendente confirmar hora exacta da xuntanza con representantes do PPdG (temos comprometido que nos van atender na mesma tarde do martes día 5 de marzo)

 A Moción pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis do devandito Código

Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución (ou de non persecución), en función do criterio do Ministerio Público.
Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares básicos da sociedade: a convivencia.

A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel Fernández Blanco (662-307019) Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s