Segue a información da campaña “Que el derecho no se detenga a las puertas de los CIE´s”

Bo día.


Segue a información da campaña “Que el derecho no se detenga a las puertas de los CIE´s”, emprendida por diferentes colectivos e organziacións a nivel estatal co fin de denunciar a opacidade coa que o goberno está elaborando o regulamento de funcionamento destes centros, totalmente ás espaldas de amplos sectores sociais que desexan coñecer o que pasa no interior destes espazos de privación de liberdade e apurar os casos de violacións de dereitos, maltrato e suspensións de garantías que diferentes informes xa deron a coñecer, como o que vos axunto a este correo elaborado polo colectivo Ferrocarril Clandestino titulado “Voces desde y contra los CIE´s”.

Na última xuntanza do Foro do mércores pasado acordamos sumarnos como Foro a esta campaña, e ao tempo animarvos a achegar o voso apoio individual á campaña, que se pode facer premendo no seguinte enlace:

https://spreadsheets.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dEtRMmloSjhzNlJEQ19jS0xud0dHUmc6MQ

Por outra banda comentarvos que esta maña estiven na acampada da Pza do Obradoiro e acordamos facr o obradoiro sobre a situación das persoas migrantes e análise das políticas migratorias actuais o vindeiro venres 10 de xuño ás 18:00hs. Xa enviaremos información máis detallada, prégovos que difundades a información.

Apertas

Mari

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s