COMPOSTELA VELLA TALLER DE NAIS E PAIS 2011-SANTIAGO

A Asociación de Veciños Compostela Vella organiza a primeira edición do Taller de Pais e Nais  e invitamos a participar nel a todolos socios das asociacións veciñais de Compostela polo que agradecemos a difusión desta convocatoria.

Este Taller de Pais e Nais está organizado en dous módulos. Desenvolverase no Local Sociocultural da Cidade Histórica na Rúa de Santa Cristina  nº 22 e busca proporcionar aos pais estratexias para entender, apoiar e dar resposta a situacións ou problemas vividos cos seus fillos, tanto no ámbito emocional, afectivo, académico, como social.

O Taller consta de dous módulos de dúas horas cada un, dirixidos a pais e nais con fillos hasta 12 anos de idade:

Módulo 1: Reflexións acerca do rol de pais e de fillos

Data: Luns 31 de xaneiro 2011

Horario: 20,00 -22,00 h (2 horas)

Lugar: Local Sociocultural da Cidade Histórica, Rúa de Santa Cristina, 22

Os obxectivos deste módulo son:

  • Identificar aquelas situacions difíciles na educación dos fillos recoñecendo de qué maneira estamos como pais involucrados no seu comportamento.
  • Reflexionar acerca do rol de pais hoxe… ¿Cómo podemos acompañar no seu crecemento aos nosos fillos na actualidade?
  • Descubrir distintos modos de resolver situacións problemáticas que xurden na educación dos nenos.

Módulo 2: Relacións entre pais e fillos… un vínculo en cambio constante

Data: Mércores, 9 de febreiro 2011

Horario: 20,00 – 22,00 h (2 horas)

Lugar: Local Sociocultural da Cidade Histórica, Rúa de Santa Cristina, 22

Os obxectivos deste módulo son:

  • Identificar  a maneira máis común de comunicarnos cos fillos.
  • Ensaiar novas formas de comunicación que permitan un millor entendemiento pai/nai-fillo/a.
  • Sentir seguridade e dar seguridade aos nenos e rapaces a través dos límites.

O taller será impartido pola profesora Cinthia Gil, Licenciada en Psicología, especializada en nenos e adolescentes, orientación a pais e tratamiento familiar, coordinadora de talleres psico-educativos para nenos, adolescentes, pais e docentes.

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

Inscripcións no teléfono:  662 222 040   avcompostelavella@gmail.com  Datos: Apelidos; nome; teléfono de contacto; correo electrónico; edade dos fillos; colexio onde estudan; ¿Que dificultades se lle presentan con máis frecuencia na educación dos fillos?; ¿Qué solucións espera encontrar neste taller?

Fecha límite para inscribirse:  xoves, 27 de xaneiro 2011

Precio por persoa: Módulo 1:  5 €  / Módulos 1 + 2: 10 €

Ubicación do Local Sociocultural da Cidade Histórica

Rúa Santa Cristina, 22

_situacion local sociocultural de santa cristina 22.jpg


————————————–
Asociacion de Veciños Compostela Vella
Local Sociocultural Cidade Histórica
Rua de Santa Cristina, 22 baixo
15704 Santiago de Compostela
avcompostelavella@gmail.com
http://www.flickr.com/photos/compostelavella/sets/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s