Bo día a tod=s!!!
En liña coa proposta aprobada nas últimas xuntanzas do Foro de Inmigración de Compostela, e tambén no galego do último sábado, de dar seguimento a campaña “Ninguén sobra nunha crise!” envíovos información sobre unha actividade de interese que se vai realizar en Vigo este xoves, co apoio das xentes da Parroquia do Cristo da Vitoria e da Ofician de Dereitos Sociais de Coia (Vigo).
Animo a todas as que poidamos a participar, para seguir discutindo e analizando o impacto dos recortes sociais e laborais sobre a poboación e en especial sobre o noso colectivo.
Apertas e un sorriso, Mari
Mesa redonda informativa: Ante as últimas reformas, cales son os nosos dereitos laborais e a cobertura social actual?
Cunha nova reforma laboral xa aprobada, a reforma do sistema de pensións en proceso de negociación (con vistas a aprobarse o 28 de xaneiro) e a continúo recorte de presentacións e dereitos sociais, fai patente que se lexisla en contra dos nosos intereses. Por suposto, non somos informadas: Ante as últimas reformas, cales son os nosos dereitos laborais e a cobertura social actual?
Mesa redonda informativa:
– Reforma laboral e das pensións. Novidades introducidas polas reformas e marco de dereitos actual. Ricardo Castro e Isidro Román, membros do espazo unitario de mobilización social e representantes sindicais.
– Prestacións sociais. Prestacións existentes, requisitios de acceso, e políticas de recorte. Diego Lores, Oficina de Dereitos Sociais de Coia.Xoves 20 de xaneiro, ás 20:30 h. no Salón Parroquial do Cristo da Vitoria (r/ Baiona nº9, liñas C3,C4A,C4B…) Organiza: Espazo unitario de mobilización social