Convocatoria da Xuntanza da Plataforma

Estimado/a  Amigo/a

 

A directiva da Plataforma polo Emprego convoca unha xuntanza-asamblearia de representantes das asociacións e entidades que forman parte da mesma, aberta tamén a outras asociacións , entidades,  servizos públicos de benestar social e /ou persoas interesadas, que terá lugar o mércores día 19 de Xaneiro ás 16: 30 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13) en Santiago de Compostela – ollo que voltamos cambiar o lugar da Xuntanza-,  cos seguintes puntos na orde do día:

1.- Presentación e Informacións de interese sobre   actividades realizadas pola Plataforma polo Emprego neste últimos dous meses. Acto de entrega de diplomas acreditativos de acción formativas a celebrar este mércores día 12 de Xaneiro ás 11:00h no Centro Social de Novacaixagalicia da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.

2.- Valoración e Revisión da Rede que ven funcionando a   a nivel  comarcal entre asociacións, entidades, e servizos das administracións locais e autonómicas , na   loita contra a pobreza e a exclusión social. Recopilación das informacións de interese transmitidas dende a xuntanza anterior. Información de actividades e actuacións previstas polas entidades para os primeiros meses do ano 2011.

3.- Presentación do Proxecto Formativo sobre Competencias Claves presentando pola Plataforma  na Secretaría Xeral de Benestar Social da Xunta de Galicia.

4.-  Presentación do Documento sobre  clausulas sociais e mercados protexidos, elaborado pola Comisión de Traballo. Propostas para a difusión pública do mesmo: en concreto valoración da posibilidade de presentar o documento aos candidat@s ás alcaldías de Santiago e Comarca nas vindeiras eleccións municipais.

5.- Análise da situación xerada polo forte recurte que van sufrir no ano 2011 os servizos de inserción e integración laboral de persoas e colectivos de moi difícil inserción e en xeral as políticas de benestar social. Valoración do acto no que participamos o 23 de Novembro de 2010 e novas Propostas de Actuacións.

 

6.- Presentación das propostas e posibles alegacións ás  Bases da Lei de Inserción Social  e Anteproxectos de Axencia de Servizos Sociais de Galicia e de Consello Galego de Servizos Sociais presentados en xuntanzas anteriores.

7.- Preguntas e Suxestións.

Santiago de Compostela, 10 de Xaneiro  de 2011

Como vedes moito chollo para comezar o ano, unha  forte aperta e un feliz ano 2011.

Miguel Fernández Blanco

Presidente da Plataforma polo Emprego

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s