Presentación e estrea de Galizacontrainfo.org

Boas compas,
Enviamos este correo a xeito de presentación, para dar a coñecer a estrea da páxina web de Galiza Contrainfo e animar tanto na súa participación como difusión, e para que nos podades informar das vosas actividades e abrir deste xeito unha canle de comunicación e colaboración:

Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega. Esta páxina web xorde da necesidade de difundir o noso traballo, mais tamén coa intención de construir un espazo que serva para darlle visibilidade a toda a produción audiovisual de comunicación alternativa que se desenvolve na Galiza.

Observamos a necesidade de crear espazos de información alternativa e pensamento crítico que acompañen aos movementos sociais galegos e que reflictan as luitas, problemáticas e realidades silenciadas ou distorsionadas polos medios de comunicación de masas. Nós queremos aportar o noso grao de area no campo do vídeo-activismo, apropiándonos das ferramentas que temos ao noso alcance. O camiño polo que optamos representa a posibilidade de utilizar e de experimentar criticamente os novos medios audiovisuais e as redes.

Renunciamos á obxectividade como principio, queremos achegar distintas voces, enfoques e imaxes de resistencia . Agora é cando, Galiza é onde. Sabemos que a nosa visión é só unha máis das posíbeis, por iso queremos que esta web sexa un espazo non só elaborado por nós, senón que calquera persoa e/ou colectivo pode achegarnos os seus traballos audiovisuais de contra-información ou comunicación alternativa a través do formulario que habilitamos na propia páxina ou ben polo correo electrónico.

Pensamos que nunha sociedade libre e emancipada a difusión do coñecemento e a cultura debe ser libre e gratuíta. Por iso apostamos polo copyleft e as licenzas libres e subimos ás nosas pezas á rede baixo unha licenza Creative Commons Non Comercial_Atribución_Compartir igual.

Os contidos da web están estruturados en diferentes seccións:

Galiza Contrainfo (vídeo), onde recollemos a nosa produción como colectivo, aquí atoparedes o arquivado de todas as pezas que levamos editando desde que comezamos a facer vídeos no ano 2007. Daquelas conformamos a iniciativa GzVideos, proxecto que por diferentes motivos ficou quebrado. Nós asumimos a nosa parte de responsabilidade desta situación, mais queremos seguir pulando cara diante superando erros pasados.

Galiza Contrainfo (foto), onde atoparedes as nosas galerías de imaxes.

Panorámicas é o espazo onde recompilamos a produción allea ao propio colectivo que se atopa espallada pola rede, así é tamén a sección reservada a todas aquelas persoas e/ou colectivos que queiran achegarnos os seus traballos tanto de vídeo ou foto, que se realicen na nosa terra e na nosa língua, dando cobertura as distintas mobilizacións, entrevistas, reportaxes, palestras, roteiros, etc.

Olladas é o espazo adicado a traballos de caracter creativo curtas de ficción, vídeo-creación, videoclips de música en galego, e todas aquelas ideas que desde a imaxinación aportedes/mos nesta sección.

Queremos tamén ir máis alá da difusión na internet. Estamos traballando na creación dunha videoteca en colaboración coa Escola Popular Galega, temos a vontade de editar as nosas pezas en soporte físico (dvd) e facer proxeccións etc. No apartado Caderno iremos informando das novidades que vaiamos tendo neste aspecto.

En definitiva queremos seguir buscando camiños fóra da información como espectáculo, do coñecemento como mercadoría e do consumo pasivo de imaxes alleas ás nosas vidas.

Denunciar e combater, resistir e crear.

Na procura de continuar coa contrainformación, cos videos, as fotos, a videoteca, e mil proxectos máis na cabeza, (re)comezamos con esta web na que queremos visibilizar as loitas que se dan no noso país na defensa da terra, pola soberanía alimentar, polos dereitos das persoas migrantes, dos feminismos e a liberdade sexual, da lingua,e pola autodeterminación e a independencia de Galiza, contra a represión, na defensa dunha memoria histórica que non se esqueza, visibilizando a loita da clase traballadora, e porque aos presos e ás presas queremos velos fóra e agora…

Aínda fican moitas cousas por mellorar a nivel técnico, e mesmo de contidos, mais desde xa queremos contar con todas e todos vós, e nese sentido, engadimos neste mail un banner, por se quixerades ligarnos co voso web, e tamen este correo pretende ser unha xanela aberta ás vosas opinións e recomendacións, que tan importantes son para nós,

unha aperta e obrigadas,

Galiza Contrainfo

http://galizacontrainfo.org

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s