II Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2010

II Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2010

Compostela acolle este domingo 26 de setembro unha mostra do traballo que realizan as asociacións de inmigrantes a prol da integración deste colectivo e da convivencia intercultural

O vindeiro domingo 26 de setembro terá lugar no Paseo Central da Alameda a actividade organizada polas asociacións de inmigrantes de Santiago de Compostela por segundo ano consecutivo. Durante todo o día a cidadanía compostelá poderá degustar pratos típicos e compartir as diferentes expresións culturais e folclóricas das comunidades migrantes afincadas na cidade, ademais de coñecer as actividades que realizan as asociacións organizadoras e convidadas.

As 17:00hs terá lugar unha Mostra Artística na cal presentaranse bailes e cancións tradicionais de diferentes países, ademáis de outras actividades como contacontos, hip-hop e mesmo unha clase pública de danzas africanas.

 Con a realización deste Festival as entidades organizadoras pretenden visibilizar os colectivos migrantes e as súas culturas de orixe, promovendo un achegamento entre a comunidade local e os novos e novas galegas, apostando dese xeito pola convivencia e o intercambio intercultural.

O evento contará coa participación das entidades Gondwana, ASAGA-Africanos en Galicia, AVESANTI (Venezuela), Asociación de Bolivianos, COSIOR (Ecuador), Mi Perú, Puente Cultural Rumano-Gallego e Nañe Reta (Paraguai).

Tamén estarán presentes outros colectivos sociais que prestarán o seu apoio aás asociacións de inmigrantes, como as organizacións de comercio xusto Amarante e Panxea – que levarán a cabo unha degustación e venda de produtos-, a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) e o Foro Galego de Inmigración, estas últimas cunha mesa informativa sobre as súas actividades e campañas.

Para a realización do evento as asociacións contan co auspicio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Santiago.

Para máis información e contacto:  Alexandra Soto (Gondwana) – 605 154 073

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s