Obradoiro de Teatro da Oprimida – A Coruña a 27, 28 e 29 de Agosto 2010

 

  
Ser cidadá non é vivir en sociedade, é transformala” 
Augusto Boal
 
Da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña querémosvos convidar a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos días 27, 28 e 29 de Agosto no Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n).
Para inscrivirse é preciso preencher a ficha adxunta e enviar o antes posíbel a marchacorunha@gmail.com
 
Qué imos facer?
A través das técnicas do Teatro da Oprimida imos explorar as diversas situacións de opresión en que as mulleres desenvolvemos a nosa vida diaria. Sandra Silvestre, compañeira da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal e con ampla experiencia na pedagoxía e educación social e popular da perspectiva feminista, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara a conscientización das nosas realidades e toma de accións transformadoras.
 Os obxectivos principais do obradoiro son:

  • Prover ás mulleres dun espazo de reflexión, debate e acción transformadora cunha abordaxe lúdico-formativa da perspectiva feminista;
  • Coñecer o Teatro da Oprimida, a súa historia e familiarizarse cos principais conceptos do TO;
  • Explorar a través da creatividade e a imaxinación a complexidade do noso entorno e comportamentos;
  • Capacitar para unha cidadanía transformadora, profundando na capacidade de acción colectiva e cooperativa na solución de problemas;

 

 Que é o Teatro da Oprimida?

 

O “Teatro da Oprimida” pretende transformar á espectadora da súa forma pasiva a suxeito actuante, transformadora da acción dramática da que ela é a protagonista. A idea central é que a espectadora ensaie a súa propia revolución sen delegar papeis ás personaxes, desta forma conscientizándose da súa autonomía diante dos factos cotiás e indo en dirección a súa real liberdade de acción. No TO todas as participantes tórnanse en “espect-atoras”.

 

Para iniciar unha abordaxe sobre o “Teatro da Oprimida”, tórnase necesaria unha presentación do seu criador, o dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no Río de Xaneiro en 1931. Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas, un teatro de cuño político, libertario e transformador. Iniciou no período da ditadura militar do Brasil proxectos educativos dispostos a desenvolveren unha toma de consciencia das oprimidas, como foi o ALFIN – Programa de Alfabetización Integral, cuxa concepción metodolóxica era inspirada na pedagoxía da oprimida de Paulo Freire.

 

Informacións práticas

Custo: Gratuíto mas con compromiso 😉

 

Participantes: mulleres de todas as idades

Xantar a pedido o sábado e domingo

Mulleres con crianzas por favor indicade na ficha

Horarios:

Venres 27: 18h a 21h

Sábado 28: 10h a 14h e 16h a 20h

Domingo 29: 10h a 14h e 16h a 20h
Lugar: Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n) A Coruña
Expeditarase certificado de asistencia asinado pola Marcha Mundial das Mulleres
 
Para mais información : marchacorunha@gmail.com // www.feminismo.info 
sobre o TO no Brasil http://ctorio.org.br/novosite/
 

 

 

 


Marcha Mundial das Mulleres
Coordenadora Comarcal da Coruña
marchacorunha@gmail.com
678 381 459
www.feminismo.info

 

 

 

__._,_.___

Archivos adjuntos de =?Windows-1252?B?TGF1cmEgQnVnYWxobyBT4W5jaGV6?=

Archivo 2 de 2

FICHA_OBRADOIRO_DE_TEATRO_DA_OPRIMIDA.doc FICHA_OBRADOIRO_DE_TEATRO_DA_OPRIMIDA.sxw

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s