“Servizos Sociais e Inmigración” VIII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade

Estimado/a amigo/a,

Poñémonos en contacto con vostede para comunicarlle a realización das VIII XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A INTERCULTURALIDADE: “SERVIZOS SOCIAIS E INMIGRACIÓN” que terán lugar o xoves 15 e venres 16 de abril de 2010, no Centro Froxel de Arteixo (R/ José Pérez Ballesteros -travesía de Oseiro- de Arteixo), organizadas pola ONGD Ecos do Sur co patrocinio do Concello de Arteixo e a colaboración da Asociación Mestura.
Entre os obxectivos das Xornadas están os de abordar os novos retos aos que se enfrontan os Servizos Sociais Comunitarios e Especializados na intervención co colectivo migrante; coñecer a implicación de factores como a crise económica ou as novas regulacións en materia de Estranxeiría na intervención social co colectivo migrante; dar a coñecer pautas efectivas de intervención co colectivo migrante aos profesionais do sector público e do terceiro sector de Galicia que potencien a transversalidade, o traballo en rede e a participación das persoas beneficiarias; establecer un punto de encontro entre diversos profesionais da intervención social en migración que propicie a creación de novas redes de traballo e, con elo, a apertura de novos proxectos locais en Galicia no ámbito da migración; e Promove-la interculturalidade como eixo de desenvolvemento social actual de Galicia.
O programa das Xornadas será o seguinte:

XOVES 15 DE ABRIL DE 2010

9:00 -9:30 h. Entrega de documentación.

9:30 10:00 h. Acto de Inauguración a cargo da Alcaldesa do Concello de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, de D. Francisco Hurtado Durán, Director da ONGD Ecos do Sur e dun representante da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

10:00 12:00 h. Obradoiro Recursos e Políticas Sociais na intervención co colectivo migrante. A cargo de Dna. Mª José Thomas, Sofía Caamaño e Iria Álvarez, traballadoras sociais da Oficina de Inmigración de Vigo, en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia.

12:00 12:30 h. Pausa Café.

12:30 14:00 h. Ponencia Marco: O Benestar nos inmigrantes: distintos enfoques desde a actuación dos Servizos sociais Comunitarios . A cargo de Dna. Carmen Verde Diego, Profesora da Titulación de Traballo Social da Universidade de Vigo e especialista en interculturalidade.

14:00 16:00 h. Comida Intercultural. Degustación gratuíta de Comidas do Mundo para as persoas inscritas nas Xornadas.

16:00 17:30 h. Obradoiro sobre Pautas de Intervención Social con Inmigrantes desde os Servizos Sociais Comunitarios e Entidades Sociais: Casos prácticos (parte I). A cargo do equipo de traballo social do Concello de Arteixo e da ONGD Ecos do Sur.

17:30 18:00 h. Pausa Café.

18:00 20:00 h. Obradoiro sobre Pautas de Intervención Social con Inmigrantes desde os Servizos Sociais Comunitarios e Entidades Sociais: Casos prácticos (parte II). A cargo do equipo de traballo social do Concello de Arteixo e da ONGD Ecos do Sur.

VENRES 16 DE ABRIL DE 2010

9:30 12:00 Mesa Redonda: Situación actual y retos en la atención social al colectivo inmigrante:

– Concello de Vic D. Josep Rafús Isern, Concelleiro do Plan de Barrios e Participación Cidadán, Dna. Noemí Alonso, Directora, e Dna. Fabiola Mora, técnica de cooperación e participación do Programa Pla de Barris Sud de Vic.

– Secretaría Xeral da Emigración D. José Otero Paradela, responsable del Programa de Mediación Intercultural de la Secretaría Xeral da Emigración.

– Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela Dna. Iria Sande Mato, psicóloga e coordinadora de atención a inmigrantes e emigrantes retornados de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

12:00- 12:30 h Pausa Café.

12:30 14:00 Ponencia – Radiografía da integración social das persoas inmigrantes no contexto actual de crise económica. A cargo de D. Juan Carlos Rois Alonso, Vocal do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Inmigración e Presidente de AESCO.

14:00 14:15 h. Actuación Intercultural a cargo de Melandrainas.

14:15 14:30 h. Acto de clausura.

As Xornadas completaranse cun Caso Práctico en intervención social no ámbito de servizos sociais cara o colectivo inmigrante (3 h) para ser desenvolvido dende casa polas persoas asistentes e a súa posterior resolución online do mesmo.

No tríptico que adxuntamos poden atopar máis información sobre estas Xornadas, así como en http://ecosdosur.blogspot.com. O prazo límite de inscrición será o próximo martes 13 de abril de 2010. Outorgarase Certficado de Asistencia que pretendemos sexa homologado por 1 crédito de libre configuración pola Universidade da Coruña (pendente de aprobación).

Agardando que sexa do seu interese, desexamos contar coa súa presencia nestas VIII Xornadas.

Atentamente,Patxi Hurtado, Director
ONGd ECOS DO SUR
C/ Angel Senra 25, 1º
15007 A Coruña
Tfno: 981 150 118 Fax: 981 168 349
Mail: ong@ecosdosur.org
Web: www.ecosdosur.org
Nuestras noticias: http://ecosdosur.blogspot.com/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s