CONVOCATORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN – MÉDICOS DO MUNDO

CONVOCATORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

 

ALMORZO COA PRENSA: No Día Mundial da Saúde, Médicos do Mundo-Galicia presenta a primeira guía de saúde para as persoas inmigrantes editada en Galicia e denuncia a precariedade no acceso equitativo á saúde dos inmigrantes na comunidade.

 

Alerta sobre o aumento de exclusión social en época de crise e denuncia a falta de cobertura sanitaria de alomenos dez mil persoas inmigrantes en Galicia.

 

Pon en marcha unha campaña na que reivindica que “a saúde é un ben común de todas as persoas e para todas as persoas”, co reparto ese mesmo día de folletos de sensibilización en diferentes centros de saúde da área compostelana

 

DATA: Mércores, 7 de abril de 2010

 

HORA: 12:00 horas.

 

LUGAR: Sede de Médicos do Mundo-Galicia. Rúa Eduardo Pondal, 2. Baixo.  

 

PRESENTA O ACTO: O vicepresidente de Médicos del Mundo España, o galego Felipe Noya e a voluntaria da área de inmigración, a grega lektra Chourmouziadou

 

 

SANTIAGO. 7 DE ABRIL 2010.

 A organización Médicos do Mundo, celebra hoxe o Día Mundial da Saúde presentando a primeira guía de saúde para personas inmigrantes editada en Galicia, coa que por primeira vez se achega información a este colectivo sobre o funcionamento do sistema sanitario e coa que se dá arrinque á campaña “A saúde: ben común de todas as persoas e para todas as persoas”. Será tamén o vindeiro día 7 cando principie unha provocadora campaña de sensibilización en diferentes centros de saúde de Compostela co obxectivo de informar á poboación xeral sobre os principais mitos e crenzas do imaxinario social, tales como “eles son os primeiros”, “eu pago para atendelos a eles” ou “todos os inmigrantes traen enfermidades raras que contaxian”. Unha campaña que, ao fin, avance na integración real.

 

Na campaña, que reivindica o acceso á saúde e a utilización dos servizos en condicións de equidade, lémbraselles aos diferentes gobernos que a incorporación destas persoas aos servizos de saúde, é un dereito reflectido na carta de DDHH artigo 25  e unha meta da OMS para o 2020 para reducir as diferenzas entre os diferentes grupos socioeconómicos nun 25%. A vía para conquerir estes obxectivos será incrementar os niveis de saúde dos máis pobres, con independenza da súa situación administrativa. Do mesmo xeito demanda que os mecanismos administrativos ao efecto, sexan o suficientemente áxiles e eficaces para garantir este dereito.

 

Médicos do Mundo Galicia, desde os programas que desenvolve na nosa Comunidade Autónoma, atendendo no que va de ano (datos só de 2010) a 399 inmigrantes, dos cales 154 son persoas que se atenderon por primeira vez, na súa maioría procedentes de Europa e Latinoamérica, cos que se desenvolveron 223 intervencións en saúde, 465 intervencións sociais, 23 intervencións psicolóxicas e 60 formacións de axentes de saúde.

 

Segundo o último estudio elaborado por Médicos do Mundo Galicia, en Galicia existen diferentes barreiras que dificultan o acceso desta poboación aos servizos de saúde, como poden ser os requisitos legais para solicitar a tarxeta sanitaria, a falta de información sobre o funcionamento dos servizos de saúde os mitos e crenzas tanto dos inmigrantes como dos profesionais da saúde que dificultan o mutuo entendimento e a real integración de ambos grupos. Estímase que estas barreiras fan que cerca de 10.000 persoas inmigrantes na nosa comunidade carezcan de tarxeta sanitaria.

 

“Desde primeiros deste ano, rexístrase un aumento das persoas inmigrantes nos nosos dispositivos sanitarios por mor da crise: fica sen traballo, sen contrato, sen permiso de residencia, sen empadroamento, sen tarxeta sanitaria, sen asistencia sanitaria, sen saúde”, apunta un dos vicepresidentes de Médicos del Mundo-España, o galego Felipe Noya que alerta sobre “un efecto dominó do que só se percibe a punta do iceberg”. Alerta Noya sobre “o descoñecemento da realidade sociosanitaria deste colectivo” e denuncia, en contra do que se pensa, “como na súa maioría son xente nova e sa os que enferman no país de acollida por males non moi raros, asociados ás condicións de vida, xornadas laborais abusivas ou situacións de traballo perigosas”, sen esquecer_ apunta_ “os problemas psíquicos derivados do  proceso migratorio”. 

 

Galicia, destaca Médicos do Mundo, non é un fenómeno illado: a pesares das grandes diferenzas entre os distintos paises do arco europeo fronte a inmigración, a realidade común, tamén a galega, é a “desprotección da poboacion inmigrante, directamente relacionado cos determinantes socioeconómicos desfavorables”: un dato que ven avalado polo informe do Observatorio Europeo de Acceso á Sanidade (do mes de setembro do 2009) realizado pola rede HUMA, que auna 11 delegacións de Médicos do Mundo en Europa, incluida a galega e que, sobre a realidade inmigratoria en dez estados, salienta como “a protección da saúde e o acceso á sanidade aínda non se recoñece na práctica como un dereito da persoa”.

 

 

Médicos do Mundo

LOITAMOS CONTRA TODAS AS ENFERMIDADES, INCLUIDA A INXUSTIZA.

 

Para calquera aclaración, entrevista ou necesidade informativa, contacta con Belén Torrón (639.078172)

DESCARGA FOLLETO EN PDF

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s