BECAS DE OLAY DE APOIO Á RECUPERACIÓN ACADÉMICA DA MULLER

O Círculo OLAY convoca a 5ª Convocatoria de Axudas Económicas para a muller, un concurso a nivel nacional para outorgar tres axudas a mulleres españolas que queiran pór en marcha un proxecto empresarial, ou desexen iniciar ou retomar estudos superiores, que por diversos motivos tiveron que interromper ou non puideron realizalos no seu momento.

Nº de axudas: 3

Contía:

24000€ brutos. Cantidade que poderá ser destinada a bolsas para estudos académicos ou á posta en marcha dun proxecto empresarial. Ademais, grazas a determinadas colaboracións, ofrecerá 7 axudas de 3.000€ brutos cada unha.

Requisitos:

Ser muller, maior de 18 anos e ter residencia legal en España.

Prazo de envío das participacións: 30 de abril

Observacións:

Todas as candidatas deben enviar os seus datos persoais:

Nome e apelidos, dirección actual, data de nacemento, teléfono fixo e móbil (en caso de telo), dirección de correo electrónico (en caso de tela) e nº DNI ou NIE. Ademais deberán indicar tamén en que tenda mercan habitualmente.

As candidatas que opten a unha bolsa de estudos enviarán a súa historia persoal:

Unha breve exposición dos estudos que se queren iniciar ou retomar e os motivos polos cales desexan cursalos. A extensión máxima é un folio A4 por ambas as caras.

As candidatas que opten ao fondo para a posta en marcha dun negocio enviarán:

Memoria da actividade empresarial que pretende pór en marcha (extensión máxima: 4 folios A4 por ambas as caras):

– Idea de negocio, sector de actividade económica e ámbito xeográfico de actuación.

– Breve análise do mercado (Análise DAFO – Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades – xunto coa vantaxe competitiva do negocio que se quere pór en marcha).

– Detalle do produto/servizo que se vai a ofrecer.

– Resumo financeiro: cuantificación do capital necesario para iniciar a actividade.

Tamén é necesario indicar como se coñeceu a convocatoria de bolsas. A través de prensa escrita, televisión, radio, tenda (indicar cal e dirección).

Envío da documentación:

As participacións enviaránse por correo postal ao Apartado de correos 46405-28080 Madrid ou a través da Web de Olay. Para participar hai que rexistrarse en dita páxina (máis información en http://www.circulolay.es/registro.php )

Máis información sobre as bases en:

http://www.circulolay.es/bases_becas.php

Información xeral:

http://www.circulolay.es/becas.php

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s