Convocatoria de Asemblea da Plataforma

Reenviamos informacion da Plataforma en Defensa do Sistema Publico Galego de Servizos Sociais

Por medio da presente, convócase nova Asemblea da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, tal como quedamos na asemblea do pasado día 21 de xaneiro.

Esta asemblea terá lugar o vindeiro xoves, día 25 de febreiro as 17.00 horas no Centro sociocultural “Agustin Bueno” do Castiñeiriño en Santiago de Compostela coa seguinte Orde do día:

1.- Texto Base da Plataforma. Refundido do Manifesto e do Decálogo.

2.- Difusión da Plataforma. Presentacións públicas por zonas.

3.- Texto das Mocións en defensa do Sistema Público de Servizos Sociais no Parlamento e nos Concellos galegos.

4.- Organización:   Formalización da Comisión de Coordinación.

Constitución de grupos locais.

5.- Varios.

Facede un oco nas vosas axendas que vos permita participar nesta xuntanza. Prégase puntualidade.

Nota para a xente que non estivo na primeira xuntanza: O Centro sociocultural do Castiñeiriño está na saída cara a Ourense, ao lado da rotonda, entre as rúa que vai para Ourense e a que vai para A Estrada. Ten zonas de aparcamento pola parte de atrás do mesmo.

Comisión de Coordinación da Plataforma

Miguel Fernández Blanco

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s