COMUNICADO DE PRENSA

COMUNICADO   DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) apoia a convocatoria dun acto público convocado pola rede local da cidade de A Coruña “Somos inmigrantes” o martes día 29 de Decembro ás 19:00 h no Obelisco  baixo o lema:   NÓS SI QUEREMOS MANTEIR@S NA NOSA RÚA! SOBREVIVIR NON É DELITO NIN COMPETENCIA DESLEAL!!.  O acto pretende solidarizarse coas persoas que vesen na obriga de desenvolver actividades de venda na rúa para sobrevivir diante da persecución que están a sufrir nestas datas de Nadal por parte da policía local de A Coruña. O texto do Manifesto é o seguinte:

“A asociación de comerciantes da Área Obelisco, movilizada polo discurso xenófobo do seu presidente Antonio Amor e co respaldo de Losada, o “alcalde de todos” (agás d@s “negr@s”), atopou un novo pretexto para librarse do colectivo manteiro: a disminución das compras na Rúa Real é culpa da venda ambulante. O pequeno e medio comercio debería articularse e loitar contra quen o perxudica realmente; as cada vez máis numerosas grandes superfícies comerciais, e deixar de criminalizar ao colectivo máis vulnerable.

O alcalde da “cidade na que ninguén é forasteiro/a” trata de transmitir unha sensación de seguridade a unha parte da poboación, aos comerciantes da área Obelisco, a través da creación de inseguridade, medo e acoso permanente a unha das partes máis desprotexidas dos seus habitantes, as persoas inmigrantes que sobreviven a través do top manta. ¿Quen se cre que estén empobrecendo e sendo competencia desleal para os negocios da zona?

Esiximos á alcaldía e á Subdedelegación de governo que deixe de antepoñer nas súas políticas os intereses económicos dun pequeno sector da cidade instaurando formas de marxinación e regresión de dereitos das persoas que nin sequera os teñen e que loitan a diario para sobrevivir.

A Xunta acaba de lanzar unha campaña de sensibilización para a integración intercultural: “sabemos o que é estar fora” que “busca apelar aos sentimientos e á hospitalidade das e dos galegas/os, aínda que non se detecte ningún problema de xenofobia en Galiza”. Denunciamos a farsa encuberta desta campaña na que se tenta a asunción dunha política aperturista por parte da poboación galega, mentres as institucións actúan concebindo as persoas migrantes como mera forza de traballo en función dos intereses económicos do momento. Convidámoste a te movilizar para amosar o rexeitamento a estas políticas xenófobas o martes 29 de decembro ás 19 da tarde no Obelisco.Envía o teu apoio individual e como colectivo a este manifesto ao mail asambleamigrantes@gmail.com

Para máis información:   Miguel Fernández ou Rocio Rodríguez 981-580506-662-307019),  Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s