COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) e a proposta da Asociación Sociocultural Afrolatina de Ourense quere facer público o seguinte Comunicado para reiterar o noso apoio e solidariedade coa activista e ex prisioneira política Aminatou Haidar,  detida  o 14 de Novembro de 2009 no Aeroporto de El Aaiun e expulsada do Sahara, sen pasaporte cara a  Lanzarote en contra da súa vontade

Desde ese dia, Aminatou Haidar está en folga de fame e periga o seu estado de saúde, xa moi agravado polas consecuencias de ter estado anos no cárcere.  Do dito aeroporto negase a sair ata que se lle permita poder voltar a súa terra natal no Sahara.  Desde ese día es desaloxada pola forza, pola garda civil todas as noites.

 Según o goberno, España acolleu  a Aminatou Haidar no seu territorio por “razóns humanitarias” , e por ter permiso de residencia. Sen embargo por no ter pasaporte (retenido polo gobernó marroquino) non pode regresar a seu terra.

Condenamos firmemente a actitude do Goberno español, por permitir que foran violadas as disposicións de dereito internacional aceitando o seu traslado a Lanzarote. Desde O Foro de Inmigración demandamos que se lle permita regresar á principal cidade do Sahara Occidental e protestamos pola súa entrada forzosa en España, a pesar de non ter pasaporte. Pedimos a máxima difusión desta información e facemos  un solemne chamamento a  toda persoa con conciencia humana,  para expresar a súa solidariedade con esta vítima da democracia. 

Para máis información: Asociación Sociocultural Afrolatina (988-229619/ 680-794008) www.afrolatinaouren se.org   ou Miguel Fernández-Foro Galego de Inmigración (981-580506) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s