XUNTANZA FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN -28 de Novembro

Santiago, 12  de Novembro de 2009

 Ola  Compañeiros e Compañeiras:

Despois dun tempo que adicamos a concretar a posibilidade de celebrar a nosa Asamblea do ano 2010 en Ferrol e a loitar contra o cambio na Lei de Estranxeiría, conven voltar a coordenarnos, polo que  Convocamos unha   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 28 de Novembro ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13)- O lugar habitual-

Os temas que propoñemos inicialmente, aínda que trataremos cualquier cuestión que vos pareza importante, serían:

1.- Asemblea 2010. Na Xuntanza van participar representantes do grupo de asociacións de Ferrol que se queren comprometer na organización da Asemblea do ano 2010 nesa cidade. Polo tanto temos que fixar data, contido, proceso de traballo cara a Asemblea, difusión da mesma, etc.

 2.-Campaña sobre o Proxecto de cambio de Lei de Estranxeiría que está a tramitar o Parlamento Español. Aínda que o cambio está en marcha e vai concretarse, desafortunadamente en pouco tempo, pensamos as asociacións de Santiago en propor algún acto conxunto para o día 18 de Decembro, Día Mundial das Migracións. (tamén a nivel estatal vai prepararse algo para ese día).

3.- Rexistro de casos de discriminación  a persoas inmigrantes en Galicia  e dun mecanismo de protesta social e administrativa diante destas situacións. Valoración e Alternativas ante a influencia dos cambios da Lei  para as persoas en situación de irregularidade administrativa.

4.- Valoración de Presentación do Foro ao novo  responsable da Área de Inmigración e Emigración do goberno da Xunta. Formulas e camiños para transladar as nosas propostas ao conxunto da sociedade e denunciar a actitude negativa da actual administración autonómica diante das nosas revindicacións.

5.- Preguntas e Suxestións.

Por favor confirmar asistencia e facede un esforzó por vir alguén das diferentes zonas (Vigo, A Coruña, Ourense, etc) a esta  xuntanza porque imos tentar deixar moi perfilada a Asemblea 2010, ademáis  doutras cuestións que son tamén importantes.

 

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506-600876480) E mail: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Anuncios

Un comentario en “XUNTANZA FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN -28 de Novembro

  1. HOLA
    SOY EL PRESIDENTE DE LA ASOCIACION INMIGRANTES LATINOAMERICANOS NTRA SRA DE GUADALUPE DE PONTEVEDRA ME INFORMA LA DURACION DEL FORO GALLEGO DE EMIGRACION LUGAR FECHA Y HORA Y PUNTOS A TRATAR.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s