COMUNICADO DE PRENSA

COMUNICADO   DE PRENSA 

O Subdelegado de Goberno de A Coruña manterá unha entrevista con representantes do Foro Galego de Inmigración (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  o mércores  día 11 de novembro ás 9:00 h na sede da Subdelegación (Avda da Marina nº 23- A Coruña)  para clarexar unha denuncia sobre unha agresión racista sufrida por unha familia de orixe chileno en Ferrol o pasado día 4 de Outubro. A denuncia inclue a grave falta de resposta policial ante a agresión recibida por esa familia.

Despois da Xuntanza, ás 10:00 h do mércores día 11 de Novembro na mesma porta da Subdelegación do Goberno, con membros da propia familia agredida que participará na Xuntanza, os representantes do Foro atenderán aos medios de comunicación para informar dos resultados da mesma.

A solicitude que transladou o Foro ao Subdelegado de Goberno foi a seguinte:

“Muy buenas tardes, le escribo para comunicarles que mi familia y yo fuimos víctimas de un brote racista y
xenófobo ,donde hubo un casi un linchamiento,para mi familia. Esto sucedió, el  domingo día 4 de Octubre  a las 7 de la mañana en el portal de mi domicilio na Rúa  Rio L erez nº 8 en Ferrol. Veníamos de una fiesta,mi hija,un sobrino y su padre. Nos sentamos en el portal de mi domicilio a aconversar y descansar los pies. Por el cansancio,decidi subir hasta casa,me duché y vestí con pijama.en ese momento cuando me disponía a acostarme,escuché golpes y discuciones,me dí cuenta que esto estaba sucediendo en mi portal.
Bajé inmediatamente,para auxiliar a mi hija,y sobrino. Tal fue la sorpresa al ver a  un grupo de persoas que  estaban subiendo por las escaleras para sacarlos a la calle para agredirlos de forma violenta. Le dije a mi hija que llamara a la policia,y lo hizo 2 veces al 091,le dijeron que no podian hacer nada porque no era
competencia de ellos la primera vez. En la segunda ocasión le dijeron que no llamara que no podían hacer nada y una tercera llamada no la respondieron.
Lamentablemente todo esto paso muy rapido,y al no venir la policia tuve que hacer frente a la situacion,defendiendo a mi familia sola,en contra de un grupo que calculo de unas 30 personas que proferían insultos racistas y muchas amenazas hacia mi familia.  La única persona que nos defendió fue el presidente de mi comunidad,que nos conoce,por ser,peronas equilibradas y tranquilas.”

Tratase  dunha família de persoas de orixe chileno que xá están nacionalizadas españolas e que  se sinten gravemente ameazad@s.  Dende o Foro consideramos  que hai varios aspectos de especial importancia neste feitos:

– A actuación dun grupo de persoas, bastante numeroso , cunha clara compoñente racista e violenta, que  conven investigar para tentar atallar antes de que suceda algo máis grave ainda.

– A actuación da Policia Nacional de Ferrol que atende o servizo do 091, que segundo a denuncia fixo unha grave deixación das súas responsabilidades que conven investigar e clarexar o antes posible.

– A necesidade de garantir a seguridade desta familia de orixe chileno residente en Ferrol, que se sinte, lóxicamente, gravemente ameazada.

Consideramos do máximo interese unha aclaración por parte da máxima autoridade provincial en temas de seguridade diante desta denuncia contrastada e respaldada pólo próprio  Concello Ferrolá.

Aproveitaremos  a xuntanza para comentar algunha outra cuestión relacionada  coas intervencións con excesivo celo por parte das forzas de orde pública coas persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa  que vimos denunciando nos últimos meses.

Para máis información:  Miguel Fernández (981-580506-662307019) ou Rocio Rodríguez 981-580506-600-876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s