Carta al Suvdelegado de Gobierno- (Ferrol)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Subdelegación de Goberno de A Coruña

Att Ilmo. Sr. Subdelegado de Goberno A Coruña

Avda de la Marina nº 23-1º

15001- A Coruña

Santiago de Compostela, 7 de Setembro de 2009

Estimado Sr:

No nome do Foro Galego de Inmigración composto polas organizacións e entidades recollidas abaixo, remito a seguinte información remitida por un grupo de asociacións e entidades sociais de Ferrol en relación coa detención dun cidadán de orixe senegalés, solicitando unha entrevista urxente con vostede para clarexar a actuación e a situación desta persoa á maior brevidade posible.

“O pasado día 2 de setembro de 2009 publicanse nos medios de comunicación da comarca unha serie de noticias en torno á detención dunha persoa de orixen Senegales acusada de raiar coches e acoitelar a dous polícias. Ao fío destas informacións colgase un video en Internet que foi grabado por un cidadán dende a súa casa que amosa a parte final da detención, momento no que se reduce a esta persoa. A dureza das imaxes e os métodos empregados para tal reducción, ademáis do feito de que unhas 50 persoas se xuntasen arredor dos axentes para ‘oporse’ a detención do individuo ( segundo fontes policiais, tal e como recolle a prensa) fai pensar a diversas persoas e colectivos da cidade que existen datos incoherentes e que fan a historia relatada polos medios incompleta ou imprecisa. Así mesmo, o tratamento dado pola prensa a esta nova e os comentarios vertidos por algunhas persoas nos distintos medios de internet onde se colgou o video, fannos pensar que máis alá do feito en sí, existen evidencias de trato desigual e racismo no tratamento do tema, polo que se decide convocar unha asamblea urxente para falar e valorar cal é a resposta cidadana que se lle quere dar a este tema, e sobre todo, recabar e clarificar a máxima información posible de cómo se sucederon os feitos e cal é o estado desta persoa detida.

Nesta xuntanza, a día 2 de setembro de 2009 ás 20,30 a información acadada é a seguinte: Que S.A.A.M.K, de 22 anos, de orixen senegalés e residente en Fene permanece detido, na mañá do 2 de setembro de 2009, nas dependecias municipais da Comisaria de Ferrol sen ter coñecemento de cal é a súa situación, xa que habendose achegado dúas compañeiras de Cáritas, para solicitar velo e asegurarse de que se están a cumprir os seus dereitos fundamentais, a resposta obtida polas forzas e corpos de seguridade é de total cerrrazón fronte ao tema, non deixandolles velo nen informandoas de cal é a súa situación.

Por outras fontes, sabemos que o primeiro avogado de oficio asignado tampouco pode velo xa que no momento no que se atopa na comisaria a él o trasladan a outras dependencias. O mesmo pasa coa segunda avogada asignada, a cal, ao parecer, non baixa a velo aos calabozos xa que segundo lle comentan se atopa nun estado moi agresivo polo que non é recomendable que baixe soa a velo ( sempre segundo valoracións policiais). Polo que entendemos que non declara na comisaria senón que declará ao día seguinte no Xulgado.

Recibe a visita do Forense do Xulgado e dun traductor da asociación de senegales da Coruña, do cal tampouco temos máis información. Existen dúbidas sobre si se lle deriva á Unidade de Saúde Mental do Novoa Santos ou non.  Efectuase

unha chamada á hora da xuntanza, 20,30h,  ao Novoa Santos e se nos informa de que non se atopa ingresado ali. Informannos de que o seu irmán comenta que a persoa detida ten unha enfermidade mental producto dunha caída de moto no seu páis e que estaba recibindo tratamento en Senegal, o cal non sigue unha vez aqui. Comentase que ten outras causas pendentes e xa en xuño deste ano, efectuouse outra detención, non podemos aclarar por que non se detecta que é unha persoa cunha enfermidade mental e, como tal, se lle deriva a un servizo de saúde mental.

Ao día seguinte, mércores 3 de setembro,  as compañeiras de Cáritas poñense en contacto co seu irmán, Andalá, o cal

comenta que o seu irmán leva ano e medio no Estado Español, é obsesivo e está convencido, pola súa susceptibilidade exacerbada, de que todos falan mal de él, incluso na televisión e por internet. Andalá cree que ten informes médicos do Marcide que xustifican a súa  enfermedade mental. E que él sepa, ao seu irmán non se lle ofreceu en ningún momento a asistencia dun intérprete.

A información recabada é confusa respecto aos feitos en sí e a como se produxo a detención, así mesmo, non se sabe com certeza en ningún momento se esta persoa detida valorouse por parte do Forense do Xulgado coma unha persoa cunha enfermidade mental e de ser o caso, non se explica por que non foi trasladado á Unidade de Saúde Mental do Novoa Santos.

Ë por todo isto, que solicita, coa mediación do Foro Galego de Inmigración, unha xuntanza coa Subdelegación do Goberno para que nos informe de cal e como se desenrolou o procedemento con respecto a este tema.

ASAMBLEA CIDADANA DE EMERXENCIA PARA O CASO DO SENEGALES DETIDO EN FERROL O PASADO 1 DE SETEMBRO DE 2009.”

Aproveitaremos a xuntanza para comentar algún outro caso sucedido este verán e as deportacións de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, houbo varios casos concretos a pasada semana en Santiago.

Esperando a súa resposta, un atento saúdo de:

Miguel Fernández Blanco

Voceiro do Foro Galego de Inmigración , Rúa San Roque nº 6 Bis, 15704- Santiago de Compostela Tel ; 981-580506/981-576142 Fax: 981-580506.

Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s