APELO INTERNACIONAL DE ASOCIACIÓNS DE INMIGRANTES: MOBILIZACIÓN CONXUNTA 15, 16 OU 17 DE MAIO

Estimad@s compañeir@s:

 

A coxuntura política e lexislativa que está gañando peso na Europa, na maneira de abordar a inmigración, é moi grave, institucionalizando, de forma chocante, a violencia, a discriminación e a precarización das persoas migrantes. Considérase que a resposta dos movimentos sociais pode ser máis forte e articulada, dando un sinal claro de forza e unidade nos diferentes países –dentro e fóra da Europa- rexeitando esta política deshumana, que representa un serio retroceso civilizacional.

 

Coa convicción da necesidade e da urxencia dunha resposta axeitada, varias organizacións avanzaron con propostas para unha forte mobilización conxunta e descentralizada. Estas propostas foron aprobadas na Asemblea das Migracións do Fórum Social Mundial, realizada en Belém do Pará, Brasil, no pasado dia 1 de Febreiro (ver anexo):

 

Coa forza das mobilizacións, xa realizadas e por realizar, nós apelamos aos movimentos sociais a construir amplas alianzas transnacionais con vista a colocar o respeito polos direitos dos migrantes no centro das políticas que lles afectan (…) Convocamos unha mobilización colectiva conxunta en datas chave da axenda da alterglobalización”.

 

Da axenda de mobilizacións aprobada na Asemblea destacamos a necesidade de realización, no próximo 15, 16 ou 17 de Maio, dunha Xornada de Acción Europea (que debe estenderse a outros países exteriores, se posibel). Esta mobilización común, ainda que descentralizada en cada país, pretende, na medida das posibilidades de cada contexto, demostrar, a poucas semanas das Eleccións Europeas, a insatisfacción coa crecente afirmación dun programa político de carácter xenófobo e do agravamento da persecución e criminalización d@s inmigrantes.

 

Neste sentido, convidamos á vosa organización a sumarse á iniciativa, divulgando entre organizacións colaboradoras e desenvolvendo esforzos de mobilización concertada no voso contexto.

 

Solicitamos, da parte da vosa organización, unha resposta a este desafío e unha confirmación da vosa disponibilidade para participar nesta acción.

 

Chamamos igualmente a atención para a mobilización contra a crise global e por outro modelo social e económico. Nesta coxuntura, @s migrantes serán as primeiras víctimas, polo que é fundamental unir esforzos entre os diferentes movimentos sociais.

 

Apelamos ao voso empeño e mobilización.

En anexo enviamos mais detalles sobre a proposta.

 

Saúdos solidarios,

 

Luzia Teixeiro

Solidariedade Imigrante (Lisboa, Portugal)

www.solimigrante.org

 Documentos:

DECLARACIÓN DE BELÉM SOBRE MIGRACIÓNS

DECLARAÇOM DE BELÉM SOBRE MIGRAÇONS

PROPOSTA DE XORNADA DE ACCIÓN

PROPOSTA DE JORNADA DE ACÇOM

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s