Xuntanza do Foro celebrada o sábado día 14 de Marzo.

En principio resaltar que houbo unha ampla participación de asociacións e entidades de A Coruña, Ourense e Santiago (faltou Vigo) , e que resultou polo tanto moi positiva.

1.- Asamblea 2009:
Respecto a este tema, Sonia da Asociación de Venezolanos de Ourense informou das xestións realizadas. Xa esta reservado o Colexio Salessiano para a Asemblea xa que o Auditorium estaba ocupado e este colexio conta cun salón para 400 persoas. Están tamén a traballar na cartelería e presentaron a Asemblea a diferentes institucións da cidade de Ourense. Para o xantar, aínda non teñen conseguido financiamento, pero en todo caso acordamos que se non había orzamento que levaríamos a comida as persoas e asociacións participantes para compartir alí. Xa esta reservada a Praza Maior para o acto público
Respecto ao Programa concretamos o proxecto inicial:
Para a Ponencia, descartamos a Antonio Izquiredo, porque quería cobrar, e seguimos pendentes de contactar con Laura Oso ou a través de Rosa Verdugo abriuse tamén a posibilidade de contactar co algún/unha experto/a da USC.
Para a presentación de propostas mantivemos o modelo acordado na xuntanza de xaneiro de facelo por zonas ou cidades.
A Casa latinoamericana propuxo un modelo de Asemblea, máis participativo con traballo por grupos, que acordamos propoñer para o seguinte ano.
Incluimos unha presentación inicial de Asociacións novas que se integren no Foro con motivo da Asemblea.
Na parte festiva, quedamos en tentar incluir tamén actividades artísticas diferentes a música popular e o baile: exposicións, curtametraxes, etc.
As asociaciónS de Ourense coa colaboración de todos quedamos en que elaborarían o Manifesto para o Acto Público
Quedamos en manter unha nova xuntanza o sábado 25 de Abril, onde tentaríamos xa traer as propostas por zonas e acabar de concretar as cuestión relacionadas coa Asemblea.

2.- Xuntanzas cos partidos políticos previas ás eleccións do 1 de Marzo.
Aínda que o Informe final o remitiremos por e mail, fixemos unha valoración na que nos pareceu atopar unha maior receptividade ás nosas propostas no BNG, EU e PSdG-PSOE e menor no PPdeG. En todo caso, quedamos en solicitar unha entrevista formal co novo-a responsable político da Xunta en temas de inmigración e emigración de retorno en canto se constitúa o novo goberno.

3.- Anteproxecto de cambio de Lei de Estranxeiría presentado polo Goberno.
En relación con este tema acordamos varías cuestións:
1.- Apoiar e difundir o Manifesto “Salvemos La Hospitalidad”. Participar en calquera outra iniciativa a nivel estatal orientada a cambiar o actual Anteproxecto tal e como está.
2.- Aprobar a proposta de Comunicado do Foro presentada na xuntanza e remitida antes por e mail como base para unha comunicación aos medios para informar sobre a Folga de Inmigrantes que se promove a nivel estatal para este venres día 20 de marzo. O comunicado do Foro incidiría no noso apoio a esta iniciativa e a distribución simbólica de pegatinas (elaboradas polas Asociacións do Foro de Santiago e distribuídas nesta xuntanza) e nos casos en que sexa posible distribuír nos lugares de traballo o texto de comunicado do Foro.
3.- Solicitar entrevistas con deputados galegos dos grupos políticos do Parlamento Español para transladar as nosas propostas, segundo o comunicado aprobado. Para complementar esta actuación acordamos facer unha recollida de sinaturas (firmas) para reforzar esta presentación tomando como base o texto do comunicado. O formulario para a recollida de sinaturas o remitiremos estes días e quedamos como prazo inicial de recollida ata a xuntanza do 25 de Abril. Suxeríuse que en cada cidade ou zona fixeránse recollidas públicas antes desa data.
4.- En relación coa persecución das persoas en situación irregular e dos casos de explotación e estafa a persoas inmigrantes, insistimos na necesidade de manter unha actitude crítica coas primeiras e belixerante coas segundas. No caso concreto do compañeiro de CITE, acordamos non facer un posicionamento definitivo ata que o tema estea xulgado, xa que hai que respectar a presunción de inocencia.
5.- Preguntas e Suxestións:
Propuxose que na vindeira xuntanza de abril, ademáis de traballar, quedaramos a xantar xuntos.

IMPORTANTE, RECORDADE A DATA DO 25 DE ABRIL (sábado pola mañá en Santiago e se podemos no mesmo lugar, Centro Social de Fontiñas) PARA PRÓXIMA XUNTANZA E ESTE VENRES DÍA 20 DE MARZO FACEDE O POSIBLE POR DIFUNDIR A FOLGA DE INMIGRANTES

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506-600876480)
E mail: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Deja un comentario