CIG INFORMA

Compañeiros/as:

Achegámovos a PROGRAMACIÓN DEFINITIVA DE FORMACIÓN CONTINUA, SECTORIAL E INTERSECTORIAL para o curso 2010-2011 que vai comezar a executar a fundación FORGA, en colaboración coa nosa central sindical.

Trátase, como é sabido, de dous programas diferenciados de accións formativas, dirixidos, un deles, a traballadores e traballadoras en activo de calquera sector produtivo (programación intersectorial) e, o outro, a traballadores e traballadoras en activo de certos sectores produtivos (programación sectorial). Con todo, ambos programas dispoñen, por cada curso, dun cupo de prazas susceptíbeis de ser ocupadas por traballadores e traballadoras desempregados/as; desagregándose en dúas modalidades de impartición: presencial e teleformación.

Se che interesa participar nalgunha destas accións formativas debes preinscribirte, á maior brevidade, na páxina web da forga: www.forga.org, ou pasar por algún dos centros da fundación forGA (http://forga.info/portalesRel.php) ou locais da CIG (http://www.galizacig.com/cig/estrutura/territorial) no País.

Por último, lembrámosche que na páxina web da forGA hai mais de 40.000 traballadores e traballadoras preinscritos, demandantes de cursos, para ás aproximadamente 3000 prazas que se poden executar co financiamento concedido pola Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza. Por iste motivo, debes saber que a preinscrición non garante a selección, posto que para ser seleccionado a Consellaría de Traballo e Benestar estabelece unhas normas e requisitos de acceso aos cursos.

En calquera caso o que si garante a preinscrición é formar parte dunha listaxe de demandantes de cursos, para seren chamados consonte vaia conseguíndose o financiamento oportuno.

Así as cousas, enviámosche catro documentos que poden ser do teu interese:

1) A listaxe de cursos  presenciais deseñados pola forGA, con cargo aos programas de formación continua, para toda Galiza 2010-2011.

2) A listaxe de cursos de teleformación deseñados pola forGA, con cargo aos programas de frmación continua, para toda Galiza 2010-2011.

3) Un documento no que se indican as razóns polas que non sempre se é chamado a participar nunha acción formativa.

4) O contrato cos dereitos e obrigas dos usuarios da plataforma web da forga.

Desexando poder terche sido de utilidade.

Secretaría Confederal de Formación para o Emrpego da Confederación Intersindical Galega

__._,_.___

Deja un comentario